A ENTIDADE VÉN DE FIRMAR UN CONVENIO CO BUFETE CASTELAO ABOGADOS

A Cámara ensina ás empresas santiaguesas a adaptarse á Lei de Protección de datos

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu o pasado venres 22 a xornada "Xa está a túa empresa adaptada a nova Lei de Protección de Datos?"
A Cámara ensina ás empresas santiaguesas a adaptarse á Lei de Protección de datos
Un momento da xornada sobre protección de datos na Cámara compostelana.
Un momento da xornada sobre protección de datos na Cámara compostelana.

Ramón Rey García, doutor en Dereito foi o encargado de impartir a xornada. Rey García que exerce en Castelao Abogados, firma xurídica especializada en Dereito de Autor, Propiedade Industrial, Novas Tecnoloxías e Protección de Datos. Con sede en Santiago de Compostela e Madrid, Castelao Abogados é referente en estas materias asesorando a importantes organizacións en todo o territorio nacional. O despacho vén de firmar un acordo de colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago para ofrecer servizos xurídicos nestas materias aos seus asociados con descontos nos seus honorarios.

Ramón Rey debatiu con máis de 25 empresas asistentes sobre como está regulada actualmente a protección de datos de carácter persoal en España; se segue sendo obrigatoria a inscrición de ficheiros; cales son os principios que rexen en materia de protección de datos; se é importante a prestación do consentimento; cal é a idade para que os menores poidan prestar o seu consentimento en materia de protección de datos; que é un delegado de Protección de Datos; e como axuda a AEPD ao cidadán.

Comentarios
A Cámara ensina ás empresas santiaguesas a adaptarse á Lei de Protección de datos