Este luns 25, ás 20:15 horas no salón de actos

A Cámara compostelá presenta cursos de contabilidade e xestión laboral organizados polo IECE

A Cámara de Comercio de Santiago presenta este luns 25, unha nova edición dos cursos prácticos de “Contabilidade e análise de balances” e “Xestión e práctica laboral”, que organiza o Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE) en colaboración coa entidade cameral e o Colexio de Avogados de Santiago.

A Cámara compostelá presenta cursos de contabilidade e xestión laboral organizados polo IECE
Sede de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Estes cursos, de carácter práctico, impartiranse nas aulas formativas da Cámara de Comercio do 1 ao 30 de abril. Os participantes poderán aprender en pouco tempo a levar correctamente a contabilidade dunha pequena e mediana empresa e tamén a controlar a administración dun departamento de persoal para aumentar a rendibilidade do negocio. Están dirixidos a un amplo colectivo que necesita coñecer a contabilidade, ben para o seu quefacer diario ou por responsabilidade para recibir información financeira da empresa e tomar decisións contables, administrativas, directivas, xudíricas ou de formación relevantes.

Estes cursos son bonificables pola Fundación Tripartita. Ademais, as empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago recibirán descontos ventaxosos para cursar a formación. Os interesados en participar poden solicitar información e inscribirse nas dependencias da entidade cameral.

O director de Zona de IECE, José Ramón Secades, presentará a xornada este luns, ás 20:15 horas no salón de actos da Cámara compostelá.

A Cámara compostelá presenta cursos de contabilidade e xestión laboral organizados polo IECE