O ACTO SERÁ O 4 DE DECEMBRO

A Área Empresarial do Tambre homenaxeará a nove empresas que cumpren 25 anos no polígono

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará este ano a nove empresas que cumpre 25 anos na asociación do polígono industrial: Noyamóvil, Cymel, Cograf Cooperativa Gráfica, Suministros y Afilados, Centro de Investigaciones Submarinas (CIS), J.C. Courrier, Alonso Libros, Maderas Ramos Moreira e Suminorte.
A Área Empresarial do Tambre homenaxeará a nove empresas que cumpren 25 anos no polígono
Polígono do Tambre, en Santiago.
Polígono do Tambre, en Santiago.

A entidade celebrará o acto de homenaxe o vindeiro mércores, 4 de decembro, no salón de actos da súa sede do Centro Empresarial do Tambre, a partir das 20 horas. Fará entrega aos homenaxeados dun pergameo acreditativo e un pequeno agasallo.

O evento estará presidido polo presidente de AAET, José Fernández Alborés, e contará coa asistencia de diversas autoridades autonómicas e locais e representantes de asociacións empresariais, como o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; e o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López; entre outras. Ademais, asistirán representantes das nove empresas distinguidas.

A asociación, que este ano celebra o seu 40 aniversario, distingue a capacidade de traballo que, alomenos, durante 25 anos veñen realizando as nove empresas desde as súas naves no Polígono do Tambre.

O presidente, José Fernández Alborés, explica que a asociación organiza este evento multitudinario para enxalzar as particularidades e o bo facer de cada empresa, pero sempre destacando os “ingredientes comúns e imprescindibles” para o éxito empresarial que comparten todas as compañías, como son a ilusión, o esforzo e a colaboración. “As empresas mostran ao longo da súa traxectoria a ilusión por construír, por ver nacer e medrar o seu proxecto e consolidalo ou mesmo transmitilo a outra nova xeración, unha evolución alcanzada grazas a un gran esforzo na procura da competitividade, o mantemento da confianza dos clientes e un afán por innovar e reinventarse ano tras ano", explica Alborés.

Comentarios
A Área Empresarial do Tambre homenaxeará a nove empresas que cumpren 25 anos no polígono