ITV, Cingalsa, Agencia Gráfica Gallega e Abanca

A Área Empresarial do Tambre homenaxea catro empresas que cumpren 25 anos no polígono

A estación de ITV, Cingalsa, a Agencia Gráfica Gallega e a oficina de Abanca foron homenaxeadas este mércores pola Asociación Área Empresarial do Tambre porcumpriren 25 anos instaladas no polígono industrial compostelán.

A Área Empresarial do Tambre homenaxea catro empresas que cumpren 25 anos no polígono
Acto de homenaxe a catro empresas que levan 25 anos instaladas no polígono do Tambre.
Acto de homenaxe a catro empresas que levan 25 anos instaladas no polígono do Tambre.

Ao acto acudiu o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen salientou que a ilusión, o esforzo por competir e o afán por innovar son as claves que fan crecer unha empresa e asegurou que o reto é conseguir que a industria siga crecendo nesta zona con novos proxectos empresariais e en sectores estratéxicos como o biotecnolóxico e o forestal.

No acto, no que as homenaxeadas foron a estación de ITV do polígono, Cingalsa (empresa dedicada ao recubrimento de metais con zinc), a Agencia Gráfica Gallega e a oficina de Abanca, Conde salientou o esforzo da Xunta por facilitar o día a día das empresas a través de medidas como a aprobación da Lei de implantación empresarial que, coa axuda dos Concellos Emprendedores, posibilitará o acceso a vantaxes administrativas e fiscais para que as empresas conten con apoios que lles permitan conquistar novos mercados, innovar nos seus procesos e servizos e formar aos seus profesionais.

Xunto ao conselleiro, na homenaxe estiveron tamén presentes o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel, a concelleira de Desenvolvemento Económico de Santiago, Marta Lois, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antón Arias.

Actualmente, no parque empresarial santiagués están instaladas ao redor de 400 empresas, que xeran uns 6.500 empregos directos.

A Área Empresarial do Tambre homenaxea catro empresas que cumpren 25 anos no polígono