O 12 DE SETEMBRO, EN SANTIAGO

Aesgal organiza un novo ‘Economía Social Meeting’ sobre a plataforma de crowdfunding Goteo

A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) organiza este xoves 12 en Santiago un novo 'Economía Social Meeting', un encontro de intercooperación entre empresas e entidades da economía social que xirará arredor da Fundación Goteo, xestora da coñecida plataforma de crowfunding goteo.org.
Aesgal organiza un novo ‘Economía Social Meeting’ sobre a plataforma de crowdfunding Goteo
Plataforma de crowfunding Goteo.org.
Plataforma de crowfunding Goteo.org.

“O obxectivo desta xornada é dar a coñecer outras vías de financiamento que comparten os principios da economía social e que, polo tanto, poderían encaixar en moitas empresas”, explica a xerente de Aesgal, Berta Lema.

O codirector da Fundación Goteo, Mauricio O’Brien, informará sobre as diferentes actividades que realizan e as diversas liñas de financiamento que ofrecen, como o citado crowdfunding ou o matchunding. Unha intervención que terá lugar nunha xuntanza que aposta pola participación das persoas asistentes e o intercambio de experiencias.

O evento celebrarase o xoves 12 de setembro en Santiago de Compostela no edificio CERSIA Empresa de 10 a 13 horas. 

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo, desenvolvida de xeito colaborativo entre as entidades que constitúen o Foro pola Economía Social Galega: Agaca, Cegasal, AEIGA, Espazocoop e a propia Aesgal.

Comentarios
Aesgal organiza un novo ‘Economía Social Meeting’ sobre a plataforma de crowdfunding Goteo