A CONVOCATORIA FOI APRAZADA

Aesgal invita ás sociedades laborais a participar no V Encontro Facendo Empresa

A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) pospón a celebración do V Encontro Facendo Empresa en Santiago de Compostela, previsto inicialmente para o 30 de setembro, ao non completarse o aforo previsto.
Aesgal invita ás sociedades laborais a participar no V Encontro Facendo Empresa
Intervención da xerente da Aesgal, Berta Lema, nunha anterior xornada.
Intervención da xerente da Aesgal, Berta Lema, nunha anterior xornada.

Aesgal organiza esta xornada co propósito de promover redes de colaboración e apoio entre as sociedades laborais galegas desde a marca "Facendo Empresa"; un selo colectivo mediante o cal reforzar a súa visibilidade, potenciar a intercooperación e as oportunidades de negocio e defender os seus intereses. A súa utilización é de balde e aplícase de xeito automático ao adherirse á asociación.

O evento networking, realizado no marco da Rede Eusumo, ábrese nesta ocasión para todas as sociedades laborais galegas, con independencia da súa pertenza á Aesgal e "Facendo Empresa", para darlles a coñecer tamén a marca e convidalas a participar dela.

As empresas que desexen asistir ao V Encontro Facendo Empresa poden inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected] para reservar a súa praza. Aesgal informará proximamente da nova data da xornada. 

 

Comentarios
Aesgal invita ás sociedades laborais a participar no V Encontro Facendo Empresa