É a adega número 19 en obter o selo de calidade

Viña Costeira obtén o certificado de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou este mércores en Ribadavia a adega Viña Costeira para facerlle entrega do certificado de Galicia Calidade.

Viña Costeira obtén o certificado de Galicia Calidade
Representantes da adega Viña Costeira xunto ao delegado da Xunta en Ourense (2º pola esq.), o director xeral de Comercio e Consumo (2º pola der.) e a xerente de Galicia Calidade.
Representantes da adega Viña Costeira xunto ao delegado da Xunta en Ourense (2º pola esq.), o director xeral de Comercio e Consumo (2º pola der.) e a xerente de Galicia Calidade.

No acto destacouse o crecemento continuo da adega Viña Costeira, asentado na súa tradición e innovación, que lle ten permitido converterse nunha marca de referencia. O selo, con validez para os próximos tres anos, permitirá á empresa incluír o distintivo de Galicia Calidade nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como en diferentes accións de promoción destes viños.

Galicia Calidade, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, conta na actualidade cun total de 19 adegas certificadas, que forman parte do conxunto de 148 empresas con máis de 750 produtos e servizos certificados co selo de garantía, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

Viña Costeira obtén o certificado de Galicia Calidade