Ofrécelle aos asociados do centro comercial compostelán productos financieros con condicións vantaxosas

Sabadell introduce asesoramento sobre fondos de recuperación no seu convenio con Santiago Centro

O presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández; e o director territorial do Banco Sabadell para Galicia, Asturias e León, Pablo Junceda, asinaron un  convenio de colaboración entre as dúas entidades que permitirá  aos  socios  do Centro Comercial Aberto compostelán acceso a produtos financeiros que a entidade destina a comercio e pequenas empresas.
Sabadell introduce asesoramento sobre fondos de recuperación no seu convenio con Santiago Centro
A responsable de banca comercial de Sabadell en Santiago, o presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández; e o director territorial do Banco Sabadell 
para  Galicia,  Asturias  e  León,  Pablo  Junceda.
A responsable de banca comercial de Sabadell en Santiago, o presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández, e o director territorial do Banco Sabadell para Galicia, Asturias e León, Pablo Junceda.

Na sinatura do acordo estiveron tamén presentes o director rexional do Sabadell,  David  Martís, e a responsable de banca comercial en Santiago, Nuria García. 

Mediante  deste  acordo, o Banco  Sabadell asesorará aos socios de Santiago Centro sobre a mellor forma de optar ás axudas do fondo de reestruturación europea, incluído dentro dos chamados Proxectos Next Generation, cos que a Administración europea busca reactivar a economía despois do parón debido á covid‐19  e modernizala  desde unha óptica máis sostible.  A  entidade  financeira  pon a disposición dos asociados toda a información de que dispón sobre esta iniciativa de impulso comercial. O fondo incide especialmente en proxectos como a dixitalización  dos  negocios,  un  dos  obxectivos esenciais aos que se dedicaron nos últimos tempos os esforzos de Santiago Centro. 

“Esta é unha gran oportunidade para que o comercio do Ensanche vaia un paso máis alá na transformación que iniciou hai uns anos”, asegurou o presidente do CCA, José Mª Fernández.  Ao seu xuízo, a captación  destas axudas pode  “supoñer o impulso  que  necesitamos  para  afianzarnos como a zona de compras máis avanzada de Compostela”. “O comercio local”, dixo, “está sufrindo coma case ningún outro sector os efectos  da  pandemia, pero tamén está demostrando a clientes e veciños que é o comercio que sempre está aí, ao seu lado, nos momentos máis difíciles. A pandemia demostrounos que os establecementos de proximidade somos capaces de responder nos momentos difíciles dando o mellor de nós,  porque nos preocupan o benestar dos clientes e o futuro da cidade”. 

Produtos financeiros 

O acordo  pon a  disposición  dos  socios e  dos empregados  dos  comercios  de  Santiago  Centro  diversos  produtos  do  Banco  Sabadell  en  condicións  melloradas.  Entre  as  relacionadas  coa  actividade empresarial, a entidade aboará o 10% da cota aos novos asociados (ata un máximo  de  50 euros).  Ademais, ofrece melloras nas súas contas Expansión Negocios Plus  e  Expansión  Negocios PRO, deseñadas para servir a autónomos, comercios e pequenas empresas; e as contas Expansión Plus, PRO e Premium, para profesionais, que anulan as comisións de administración por transferencias ou pagarés, e outorga condicións especiais para os terminais TPV.

Sabadell introduce asesoramento sobre fondos de recuperación no seu convenio con Santiago Centro