A compañía ourensá lanza dúas novas computadoras gaming

Primux proxecta realizar en España o 70% do proceso de fabricación dos seus ordenadores

Co obxecto de adaptarse ás necesidades de equipos informáticos máis potentes e avanzados, a empresa galega Primux plantexa deixar de fabricar "na medida do posible" os seus ordenadores en Asia e conseguir que o 70% do proceso de fabricación se realice baixo a marca “made in Spain”.

Primux proxecta realizar en España o 70% do proceso de fabricación dos seus ordenadores
Proceso de fabricación dun dos equipos informáticos de Primux.
Proceso de fabricación dun dos equipos informáticos de Primux.

Primux é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxía accesible, con máis de 15 anos de traxectoria na fabricación de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia, acaba de lanzar ao mercado os seus novos ordenadores gaming Lynx e Draco. Reforza así a súa aposta por dous ámbitos cunha importancia crecente na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición.

“Os avances informáticos das últimas décadas e as novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial e a realidade virtual, están a mellorar as nosas vidas en moitos aspectos, pero esixen tamén equipos potentes que sexan capaces de realizar operacións cada vez máis complexas”, sinala Daniel Rodríguez, CEO da compañía. Así, Primux avanza no deseño de equipos que cumpran con todas as necesidades que requiren estas altas tecnoloxías.

Fabricación en España

“Os equipos de Primux utilizan compoñentes de gran calidade ideados para soportar altos fluxos de traballo e procesos complexos de forma fluída. Contan con procesadores de alto nivel para xestionar a enorme cantidade de datos que se crean e analizan, unha GPU (unidade de procesamento gráfico) enfocada ao procesamento de toda a información visual xerada e unha memoria RAM que se centra en ofrecer tanto unha boa experiencia executando aplicacións complexas como administrando todas as operacións que teñen lugar en segundo plano. A isto sumarase un almacenamento de última xeración para que o computador funcione á perfección e execute programas de alto rendemento sen presentar ningún problema”, explican os responsables da empresa.

Para lograr esta adaptación aos novos tempos, Primux buscará mellorar o ritmo de traballo coa finalidade de poder producir os seus novos equipos de altas prestacións coa marca “made in Spain”. Deste xeito, a intención da compañía é “abandonar Asia na medida do posible, buscando que o 70% do proceso de fabricación se realice en territorio nacional”. A empresa quere “avanzar ao mesmo tempo que o fan as necesidades do mercado actual para estar preto dos usuarios e axudarlles no seu día a día”, sinalan.

Primux proxecta realizar en España o 70% do proceso de fabricación dos seus ordenadores