Todos os trámites poden realizarse por vía telemática

A nova sede electrónica da Cámara compostelana facilitará o acceso ás axudas dos programas financiados con fondos europeos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela estrea a súa Plataforma de Administración Electrónica para facilitar a empresas e emprendedores o acceso ás axudas dos programas que desenvolve con cofinanciamento dos fondos europeos.

A nova sede electrónica da Cámara compostelana facilitará o acceso ás axudas dos programas financiados con fondos europeos

Para solicitar unha axuda só son necesarios catro pasos: acceder á Sede Electrónica da Cámara de Comercio de Santiago e consultar as convocatorias abertas a través do buscador ou accedendo ás pestanas de clasificación dos trámites; iniciar a presentación identificándose cun certificado electrónico; completar os datos do solicitante, encher o formulario de solicitude e achegar a documentación requirida; e asinar e presentar o formulario completado antes da data de fin da convocatoria. Desde a fase da convocatoria ata a resolución final da axuda, todos os trámites poden realizarse por vía telemática.

Nun apartado persoal, a empresa pode consultar o estado das súas solicitudes, emendar información ou achegar novos documentos e acceder ás notificacións electrónicas. O acceso a esta área privada realízase mediante certificado dixital, que asegura a privacidade da información e solicitante.

Organismo intermedio de programas europeos

A Cámara de Comercio de Santiago actúa como organismo intermedio dos programas de axudas da Unión Europea. En total, a Cámara de España xestionará ata o ano 2020 máis de 400 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos FEDER e FSE. A dixitalización, innovación e internacionalización de pemes, a mellora da empregabilidade da mocidade e o apoio ás mulleres emprendedoras son as principais liñas de apoio das Cámaras de Comercio que contan con cofinanciamento de fondos europeos. Sectores con gran peso na economía española, como son o turismo e o comercio contan con plans específicos cofinanciados tamén con axudas comunitarias.

Estas accións desenvólvense a través de programas como TicCámaras, Innocámaras, Plan de Apoio á Competitividade do Comercio, Plan de Competitividade Turística, Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), o Programa de Apoio á Muller Empresaria (PAEM), Xpande e Xpande Dixital, deseñados pola Cámara de España e executados a través da rede de cámaras territoriais.

A nova sede electrónica da Cámara compostelana facilitará o acceso ás axudas dos programas financiados con fondos europeos