As distintas variedades de leite da compañía xa contaban co distintivo de calidade

Galicia Calidade certifica toda a variedade de iogures de Larsa

A marca de leite e produtos lácteos de pastoreo Larsa, comercializada pola Corporación Alimentaria Peñasanta, con sede en Outeiro de Rei (Lugo) lanzou esta semana ao mercado os seus primeiros iogures co distintivo Galicia Calidade.

Galicia Calidade certifica toda a variedade de iogures de Larsa
Galicia Calidade avalará a partir de agora os iogures de Larsa.
Galicia Calidade avalará a partir de agora os iogures de Larsa.

Galicia Calidade, a marca de garantía galega, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, avala deste xeito a calidade das 40 variedades de iogures cos que conta na actualidade a empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, envasados na súa planta de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Galicia Calidade suma así novas referencias alimentarias certificadas dun sector, o lácteo, que se considera parte fundamental da economía galega e da tradición agroalimentaria da comunidade. A compañía, que nos últimos anos experimentou un crecemento na recollida e comercialización de leite de pastoreo de máximo nivel e ampliou a súa capacidade de produción na nosa comunidade, potenciando produtos de calidade como o leite Larsa que conta co aval de Galicia Calidade para as súas diferentes variedades dende o ano 2014.

O selo de garantía certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos. Na actualidade Galicia Calidade suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas

Galicia Calidade certifica toda a variedade de iogures de Larsa