O Concello facilita o acceso ao selo a 200 establecementos comerciais da cidade

O distintivo “Comercio de Confianza” segue sumando adhesións en Santiago

O selo de "Comercio de Confianza" que xestiona a Cámara de Comercio de Santiago segue a gañar adhesións, grazas á colaboración do Concello de Santiago que sufragará o custo da certificación a 200 establecementos comerciais da capital galega.
O distintivo “Comercio de Confianza” segue sumando adhesións en Santiago
Unha tenda santiaguesa que loce xa o selo "Comercio de Confianza".
Unha tenda santiaguesa que loce xa o selo "Comercio de Confianza".

A Cámara de Comercio de Santiago segue coa iniciativa do selo “Comercio de Confianza”, que acredita que os establecementos comerciais cumpren os protocolos sanitarios e de seguridade establecidos pola Secretaría de Estado de Comercio. A entidade cameral entende que reactivar a actividade comercial é esencial para iniciar a recuperación da economía tras o parón imposto pola loita contra a pandemia do covid-19 e para iso é imprescindible que os clientes confíen en que os establecementos ofrezan un entorno seguro.

Coa campaña “Comercio de Confianza” ademais búscase reactivar o consumo no comercio, resaltando cualidades como a cercanía, a confianza e a calidade, e as medidas sanitarias adoptadas polo comercio para favorecer unha compra segura. No caso dos establecementos comerciais de Santiago, a Cámara conta coa colaboración do Concello de Santiago quen facilitou que 200 establecementos comerciais da cidade poidan acceder ao selo "Comercio de confianza", impulsado pola Cámara de Comercio de España e a Secretaría de Estado de Comercio, sufragando os gastos para os comercios.

Centro Comercial As Cancelas e Carrefour Santiago

As Cancelas é o primeiro centro comercial de España que o recibe, para o seu xerente, Javier Casado, “estas medidas son proba do compromiso de todos por ofrecer aos nosos clientes espazos seguros nos que realizar as súas compras”. Aspectos como a xestión de riscos e da saúde no traballo, a protección no relativo a control de aforo, distancias mínimas de seguridade, fluxos de persoas e uso de material de protección individual, así como as boas prácticas de limpeza hixiene e a señalética de seguridade recordatoria, entre as que se inclúen o uso de xel hidroalcohólico e a permanente limpeza e desinfección de todas as súas instalacións, resultaron claves para obter este certificado que garante a seguridade de traballadores, operadores e clientes.

Por outra banda. para Carrefour Santiago e para o seu director, Tomás Corona “os clientes, tras esta pandemia, aprenderon a valorar especialmente a seguridade e a hixiene que lles ofrecemos e por ese motivo centrámonos agora en recibilos en espazos de compra seguros. O selo da cámara de comercio no noso centro frente ao Covid, recoñece a efectividade das nosas medidas de seguridade e hixiene. Queremos clientes seguros nas súas compras con nos e este selo é unha proba real”.

Outros establecementosa comerciais

Pero non so os centros comerciais se adheriron a este selo, tamén todo tipo de locais comerciais. En declaracións recollidas pola Cámara de Comercio santiaguesa,. Belén Portela de Juan Portela Seijo, expresou o seu "agradecemento pola colaboración da Camara de Comercio de Santiago de Compostela e do Pazo de Raxoi por otorgarnos este selo de confianza. Estamos convencidos que xuntos podemos. Grazas pola confianza depositada no noso traballo".

Cristina Gerpe “na Tienda de María, xa temos o selo da Camara de Comercio de Santiago de Compostela que nos acredita como Comercio de Confianza, porque a nosa prioridade é que as nosas clientas síntanse seguras”. 

Dolores Sánchez González, da Farmacia Rosalía de Castro 115, manifestou o seu agradecemento á Camara de Comercio de Santiago de Compostela e ao Pazo de Raxoi pola súa implicación na prevención da saúde.e, aplaudiu á iniciativa do Selo “ Comercio de Confianza “ a Saúde a a hixiene nos establecementos da nosa cidade.

Luis Sánchez de Joyería Gerardo, agradeceu "á Camara de Comercio de Santiago de Compostela e ao Pazo de Raxoi a avaliación e o selo comercio de confianza. Por parte de Joyería Gerardo, poñeremos en marcha todas cantas premisas sexan necesarias para garantir a seguridade dos nosos clientes".

Fran Martínez, xerente Espagat, agradeceu á Camara de Comercio como canal de difusión de empresa comprometida coa seguridade dos seus clientes ante o risco do Covid-19”.

Vanesa Alvite, xerente Joyería José Antonio, súmase aos agradecementos á Cámara e ao Pazo de Raxoi "apoiar iniciativas como esta que garanten a clientela poder mercar en establecementos seguros, grazas a este distintivo que  desde hoxe loce no noso establecemento".

Fernando Pablos, administrador de Micromedia recoñece que o seu establecemento mantén, revisa e reforza en todo momento o seu compromiso coa seguridade do seu persoal e dos seus clientes, actualizando os seus protocolos de boas prácticas de acordo aos cambios das circunstancias en cada momento.

O distintivo “Comercio de Confianza” segue sumando adhesións en Santiago