Xuntanza entre Carmela Silva e Patricia García

Deputación de Pontevedra e Círculo de Empresarios estudan iniciativas para promover o emprendemento feminino

A Deputación de Pontevedra e o Círculo de Empresarios de Galicia exploran novas vías de colaboración no ámbito de emprendemento e o liderado empresarial feminino.

Deputación de Pontevedra e Círculo de Empresarios estudan iniciativas para promover o emprendemento feminino
Patricia García e Carmela Silva, na xuntanza.
Patricia García e Carmela Silva, na xuntanza.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo unha xuntanza coa presidenta do Círculo de Empresarias e Empresarios de Galicia, Patricia García, a primeira muller en presidir esta organización nos seus 25 anos de historia. Durante a reunión, a presidenta provincial e a dirixente empresarial acordaron explorar a apertura de novas liñas de colaboración para poñer en marcha iniciativas destinadas a promover o emprendemento feminino e a visibilización das mulleres ao fronte da dirección das empresas.

Neste senso, Carmela Silva e a presidenta do Círculo abordaron a cuestión da necesidade da integración das mulleres nas empresas e na dirección das mesmas, o que se traduce “nunha maior responsabilidade social corporativa, internacionalización, competitividade e aposta pola creación de redes empresariais tanto en Galicia como en Portugal”, explicaron.Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación tamén saudou o novo modelo empresarial vinculado ao século XXI e as novas ideas de Patricia García, así como o seu empeño en “priorizar o modelo de interrelación das persoas no mundo das empresas e da dignidade no traballo”.

García, que tomou posesión como presidenta do Círculo de Empresarias e Empresarios o pasado mes de maio, é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e experta en metodoloxías  “e-learning”, é tamén a presidenta institucional do Grupo Femxa e colabora de forma activa coa Universidade de Vigo e con AJE Galicia.

Deputación de Pontevedra e Círculo de Empresarios estudan iniciativas para promover o emprendemento feminino