XUNTANZA DA FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO COA DIRECTORA XERAL DA XUNTA

Os comerciantes galegos reclaman retomar as dúas tempadas de rebaixas

A directiva da Federación Galega de Comercio (FGC) mantivo esta mañá unha reunión coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, para expoñerlle as súas propostas e demandas ante a difícil situación que está atravesando o sector en Galicia.

Os comerciantes galegos reclaman retomar as dúas tempadas de rebaixas
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez (centro) na reunión coa directiva da Federación  Galega de Comercio.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez (centro) na reunión coa directiva da Federación Galega de Comercio.

No encontro, que tivo lugar na sede da Federación Galega de Comercio (FGC) en Lugo, os representantes dos comerciantes expuxeron amplamente a súa visión do sector e presentaron á directora xeral de Comercio un amplo abano de propostas, entre as que destacan melloras nos programas de axudas e subvencións; o incremento do apoio para actuacións de promoción, animación e publicidade; a creación dunha liña específica para proxectos colectivos de dixitalización e modernización; ou dotacións para a formación e profesionalización, entre outros aspectos.

Na xuntanza tamén se abordou con profundidade a necesidade de acadar melloras na normativa aplicable ao sector. Neste punto, a FGC traslada continuamente propostas e alegacións ás administracións competentes, a nivel estatal, autonómico e local, presentando a situación real e actual do comercio de proximidade, as dificultades, obstáculos e retos que afronta continuamente para adaptarse aos novos tempos, modernizarse, renovarse e manter a súa competitividade. Na reunión falouse amplamente da necesidade de retomar a implantación de dúas temporadas de rebaixas, eliminando a liberalización destos periodos. Un tema que preocupa moitísimo ao sector e que o presidente da FGC, José Maríal Seijas, tratou tamén coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, na súa recenté visita a Galicia.

Asimesmo, falouse da necesidade de limitar a concesión de licencias ou autorizacións para a apertura de novos centros comerciais ou grandes superficies; plantexáronse melloras no réxime de autónomos e para a contratación de empregados; e suxestións en canto á normativa de protección de datos, dereitos de propiedade intelectual ou regulación da venda online; entre outras.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, amousou o seu total apoio ó comercio de proximidade e comprometeuse a estudiar os puntos que lle competen directamente, así como a seguir traballando man a man coa Federación para apoiar firmemente ao sector do comercio perante os grandes retos que se lle presentan.

Comentarios
Os comerciantes galegos reclaman retomar as dúas tempadas de rebaixas