Do 7 ao 21 de maio

A campaña "Días azuis do comercio galego" volve animar a mercar nos establecementos de proximidade

A segunda edición da campaña "Días azuis do comercio galego", organizada pola Federación Galega de Comercio,  Abanca e a Xunta, celebrarase do 7 ao 21 de maio.

A campaña "Días azuis do comercio galego" volve animar a mercar nos establecementos de proximidade
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e do director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, presenta en rolda de prensa a campaña Días azuis do comercio galego.
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o director de Rede Comercial de Abanca, Gabriel González, presentaron a campaña "Días azuis do comercio galego".

Na presentación da nova campaña participou a directora xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Sol Vázquez, quen destacou que durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade, “tan importante para a nosa economía”. Neste sentido, animou aos galegos e galegas a comprar, desfrutar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.

Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros (sete tarxetas por provincia) e 52 de 150 euros (13 tarxetas por provincia), que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 25 de maio.

A iniciativa "Días azuis do comercio galego", que o pasado ano sumou un total de 70.000 tíckets, enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para reforzar este sector e que contempla un total de 55 accións específicas ata 2020.

A campaña "Días azuis do comercio galego" volve animar a mercar nos establecementos de proximidade