OS CANONS DE ABRIL E MAIO PODERÁN PAGARSE PRORRATEADOS NOS TRES OU SEIS MESES SEGUINTES

A Cámara de Compostela apraza as cotas aos usuarios do seu viveiro de empresas

O Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela vén de informar aos proxectos emprendedores e ás empresas consolidadas ubicadas no Viveiro de Empresas o aprazamento das cuotas do canon mensual.
A Cámara de Compostela apraza as cotas aos usuarios do seu viveiro de empresas
Viveiro de empresas da Cámara de Santiago no polígono de Costa Vella.
Viveiro de empresas da Cámara de Santiago no polígono de Costa Vella.

No contexto actual de estado de alarma, e co obxectivo de contribuir a minimizar o impacto económico que as empresas aloxadas no Viveiro de Empresas puidesen sufrir como consecuencia das medidas adoptadas, a Cámara de Comercio de Santiago informou este venres ás empresas da posibilidade excepcional de aprazar o pago do canon de cesión relativo ás mensualidades de abril e maio, de manera que o importe correspondiente a ditas cotas pendentes pódese prorratear nos 3 ou 6 meses seguintes de xeito proporcional, devengándose en cada unha das mensualidades posteriores. Todas aquelas empresas que decidan acollerse a esta medida extraordinaria terán que solicitalo, por correo electrónico no correo [email protected] non máis tarde do  31 de marzo.

O Comité Executivo da Cámara de Comercio de Santiago manifestou “que agarda que esta medida, aínda que testimonial, poida ser de axuda para apoiar aos nosos proxectos emprendedores e para as nosas empresas consolidadas”, tanto do Viveiro Físico coma do Viveiro Virtual.

Comentarios
A Cámara de Compostela apraza as cotas aos usuarios do seu viveiro de empresas