A operadora pertence á familia que levou a electricidade ao municipio en 1906

Áurea Telecom completa a dotación de fibra óptica de Ponte Caldelas

A aposta dunha empresa familiar galega polo desenvolvemento sostible do rural e por dotar de servizos a zonas de difícil acceso, vén de converter a Ponte Caldelas nun dos poucos municipios galegos que conta na súa totalidade con servizo fibra óptica de ata 600 Mb.
Áurea Telecom completa a dotación de fibra óptica de Ponte Caldelas
Beatriz Estévez, bisneta da emprendedora que levou a electricidade a Ponte Caldelas.
Beatriz Estévez, bisneta da emprendedora que levou a electricidade a Ponte Caldelas.

O traballo de instalación da fibra óptica foi realizado por Áurea Telecom, empresa familiar galega, e beneficiará aos máis de 5.500 veciñas e veciños censados nos 33 núcleos de poboación que conforman o municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. 

Taboadelo foi o último punto no que se despregou a fibra para cubrir así o 100% do municipio. Esta obra, realizada con financiamento propio e as demais actuacións desenvolvidas nos últimos 5 anos, forman parte da aposta decidida de Áurea Telecom polo crecemento económico e social da súa contorna rural, o que implica a fixación de poboación e a atracción de novos veciños. Desta forma, ademais de alcanzar os 33 núcleos de poboación de Ponte Caldelas, o operativo incluíu tamén na rede os polígonos industriais de O Campiño, A Reigosa e a zona de Marcón, pertencente esta ao Concello de Pontevedra.

O despregamento de fibra en todo o municipio non foi sinxelo, explican desde Áurea Telecom, sobre todo na parroquia de Taboadelo, que foi obxecto dunha subvención por parte do Goberno central en 2017 a unha gran teleoperadora, que nunca chegou a executar o traballo.

A previsión da compañía da familia Estévez, propietaria de Áurea Telecom, é seguir crecendo con fibra propia nas zonas máis próximas e ampliar a súa cobertura en zonas máis afastadas, pero tendo sempre como prioridade o rural galego e a súa xente como fixeron ata o de agora.

A familia que levou a electricidade a Ponte Caldelas en 1906

A aposta de Áurea Telecom por Ponte Caldelas non é casual. Foi alí onde Clotilde Fernández, fundadora da empresa matriz, “Eléctrica Los Molinos”, sacou adiante en 1906 a compañía que levou a electricidade a Ponte Caldelas. Hoxe, a súa familia, desde a operadora de telecomunicacións Áurea Telecom, conseguiu o fito de levar a fibra óptica a todo o municipio.

Áurea Telecom completa a dotación de fibra óptica de Ponte Caldelas