Renovan o seu convenio financeiro

Abanca pon a disposición da D.O. Ribeiro a súa oferta de servizos para o sector vitivinícola

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e ABANCA renovaron un ano máis a súa colaboración cun novo convenio financeiro que medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores e adegas desta denominación de orixe.

Abanca pon a disposición da D.O. Ribeiro a súa oferta de servizos para o sector vitivinícola
O o director de zona de Abanca en Ourense Oeste, Carlos Díez e o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Carlos Casares.
O director de zona de Abanca en Ourense Oeste, Carlos Díez e o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, e o director de zona de Abanca en Ourense Oeste, Carlos Díez, rubricaron un novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca e cun sector estratéxico para Galicia.

O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a oferta sectorial de Abanca para o sector vitivinícola en condicións melloradas. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciais unha vez rematada a vendima. Así os viticultores, poderán acceder a unha conta de crédito para financiar os gastos abono, fertilizantes, poda e outras necesidades do día a día da actividade, cun prazo máximo de ata cinco anos o que supón un aforro importante en gastos de intervención notarial.

Os membros da D.O. Ribeiro, tamén poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta complétase tamén con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, confirming, factoring,  avais e anticipos de subvencións ou impostos.

Do mesmo xeito, a entidade bancaria porá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrecerá aos interesados seguros específicos para o sector como a Agroseguro, o seguro pymes-bodegas e responsabilidade civil, entre outros. Tamén se incorpora unha liña de financiación específica para seguros agrarios con prazo ata 12 meses.

Os produtores da D.O. Ribeiro tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca e das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con  diversos organismos públicos.

Abanca pon a disposición da D.O. Ribeiro a súa oferta de servizos para o sector vitivinícola