A entidade ofrecerá aos asociados unha ampla oferta financiera con condicións melloradas

Abanca facilitará financiamento e acceso ao crédito aos talleres de ATAVE

A entidade Abanca e a Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito deste colectivo e dos seus clientes.

Abanca facilitará financiamento e acceso ao crédito aos talleres de ATAVE
Responsables de Abanca e de ATAVE renovaron o convenio financeiro que mantiñan.
Responsables de Abanca e de ATAVE renovaron o convenio financeiro que mantiñan.

O presidente de ATAVE, Manuel Álvarez, e o director de zona de Abanca en Ourense Centro, Enrique Romero, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia. Estiveron acompañados polo Tesoureiro da Asociación, José Vilarchao Cid, o coordinador institucional para Lugo e Ourense de Abanca, Alberto López Sánchez, e Agustin Fidalgo Fernández, responsable da oficina de Peña Trevinca.

O convenio facilita que os empresarios asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición o banco pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.

De maneira adicional, os talleres asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, renovado recentemente por ABANCA e a Deputación de Ourense, enttre outros puntos.

ATAVE, constituída en 1977, agrupa os intereses de preto de 400 talleres na provincia ourensá.

Abanca facilitará financiamento e acceso ao crédito aos talleres de ATAVE