Ata o 8 de xullo

Últimos días para inscribirse no Pont-Up Store

O vindeiro 8 de xullo pecha o prazo para inscribirse na quinta edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro en Pontevedra.

Últimos días para inscribirse no Pont-Up Store

Afundación, a Obra Social de Abanca, colabora xunto a máis de 35 entidades públicas e privadas con este proxecto liderado polo Campus CREA de Pontevedra da Universidade de Vigo. O obxectivo é crear un ecosistema de apoio ao emprendemento e converterse así no punto de encontro das mellores iniciativas empresariais. Nesta edición, o Pont-Up Store reivindica o «talento transformador» como enerxía xeradora de cambios e presenta un programa baseado na tecnoloxía, a gamificación e o desenvolvemento de competencias dixitais.

As iniciativas seleccionadas polo comité organizador poderán participar en diferentes modalidades. Destaca o Puntazo Exprés no que 10 empresas deberán explicar en 5 minutos o seu proxecto a cinco importantes executivas de grandes empresas e entidades: África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo, presidenta da Sociedad Española de Inmunología e promotora da empresa spin-off NanoInmunoTech; Nuria Varela-Portas, xerente e fundadora da empresa de agroalimentación ecolóxica Pazo de Vilane; María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR; Lucía Gregoria, adxunta á dirección de REDEGAL; e Teresa Fernández-Valdés, executiva de Bambú Producciones.

Os participantes tamén poderán presentar as súas iniciativas nunha das 33 casetas gratuítas dispoñibles, así como propoñer actividades de dinamización dentro do programa do evento.

Últimos días para inscribirse no Pont-Up Store