O Pont-Up Exprés terá lugar o 19 de novembro de xeito online

O Pont-Up Store adía as actividades presenciais ata a primavera de 2021

A organización do Pont-Up Store decidiu adiar ata a próxima primavera, sempre que a evolución da situación sanitaria o permita, a realización da parte presencial da sétima edición deste evento centrado no emprendemento que tiña que terse realizado no mes de setembro.
O Pont-Up Store adía as actividades presenciais ata a primavera de 2021
Gregorio Luís Agís, Yoya Blanco y Pedro Figueroa, con el cartel del Pont-Up Store 2020./DUVI.
Presentación do Pont-Up Store 2020./DUVI.

Se a evolución da pandemia de covid-19 o programa presencial do Pont-Up Store voltará na primavera de 2021, coa instalación na praza de España de Pontevedra dunha carpa na que 46 novas empresas galegas darán a coñecer os seus produtos e servizos e unha serie de actividades demostrativas. 

Os organizadores - o Campus Crea da Universidade de Vigo co apoio da Concellería de Promoción Económica de Pontevedra- tomaron esta decisión tras avaliar a situación “coas entidades que apoian o evento, que decidiron manter os apoios necesarios para financiar a continuidade das actividades deste encontro, que a día de hoxe é un dos grandes referentes do ámbito do emprendemento no noroeste penínsular”. O seu director, o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Pedro Figueroa, manifestou a necesidade de “seguir apostando por levar o emprendemento á rúa e por seguir ofrecendo apoio e visibilidade aos emprendedores galegos, que agora precisan máis que nunca do magnífico escaparate que lles ofrece o Pont-Up Store, onde poder testar as súas iniciativas, ter contacto directo co público e establecer relacións con posibles provedores e colaboradores”. Figueroa sinalou tamén que o encontro xa tiña iniciado o camiño cara unha nova fase antes da pandemia e agora “queremos acelerar ese proceso para facer do Pont-Up Store un contedor de accións relacionadas co ecosistema emprendedor que vai programar actividades durante todo o ano”. 

O Pont-Up Exprés celebrarase de xeito virtual

Figueroa avanzou tamén que están a traballar na transformación do talent business Pont-Up Exprés nun evento en liña, que terá lugar o 19 de novembro entre as 19.30 e as 20.30 horas. Nesta sesión virtual, oito startups galegas presentarán en cinco minutos os seus proxectos a representantes de diferentes empresas e entidades. Concretamente, as empresas seleccionadas para esta edición son The Good Shop, Anainas Skin Peace, Vivegreens Ertha Surfboards, Smartwood, Versos de A Ruda, O Galpón Lab e A Factoría do Lume, exercendo como "escoitantes" Margarita Hermo, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar e responsable de relacións institucionais de Jealsa; Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa Holdco; Ángel González, presidente executivo de Setga, e Virginia Pozo, fundadora, CEO e directora creativa de Coosy. 

O encontro poderá seguirse a través de internet, sinalou Figueroa, que lembrou que a renovada web do Pont-Up Store está funcionando como un repositorio de contidos onde é posible consultar información de todas as sesións en liña celebradas ata agora. 

Comentarios
O Pont-Up Store adía as actividades presenciais ata a primavera de 2021