As candidaturas poden presentarse ata o 4 de xuño

#OlympeEmprende promoverá o emprendemento cooperativo liderado por mulleres

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop lideran o Programa #OlympeEmprende, unha iniciativa para apoiar o emprendemento feminino con valores e principios de economía social e solidaria a través de formación con perspectiva de xénero, apoio individual e colectivo e conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.
#OlympeEmprende promoverá o emprendemento cooperativo liderado por mulleres
Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop convocan o programa Olympe Emprende.
Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop convocan o programa Olympe Emprende.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con gran potencial na economía social e no emprendemento feminino. #OlympeEmprende está dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras en Galicia lideradas por mulleres asentadas no territorio, que practican a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promoven a diversidade na composición e participación e teñen en conta impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñan ás persoas no centro da súa actividade.  As candidaturas poden presentarse ata o 4 de xuño.

#OlympeEmprende, que ofrecerá formación, apoio individual e colectivo, seminarios web, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita o apoio á constitución de cooperativas no territorio dirixidas por mulleres. O programa desenvolverase desde xuño ata principios de decembro e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (como mellorar o benestar humano e a equidade social). Pódense presentar iniciativas iniciativas que se atopan nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínimo, sen necesidade de definir un modelo de negocio).

Formación e acompañamento

Entre os meses de xuño a decembro de 2021, Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop levarán a cabo o programa e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados, explicando o concepto de empresa de economía social e solidaria, modelos de negocio, mercadotecnia e comercialización ou fontes alternativas de financiamento. E á súa vez, realizarán acompañamento virtual individual e colectivo dos proxectos para axudar ás necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

Ao finalizar o proxecto, as iniciativas mellor valoradas recibirán un premio ecómico.

 #OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida polo CEPES como órgano intermedio do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación do Fondo Social Europeo.

#OlympeEmprende promoverá o emprendemento cooperativo liderado por mulleres