As solicitudes, ata o 27 de novembro

#OlympeEmprende apoiará o emprendemento cooperativo liderado por mulleres

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop  promoven a terceira convocatoria do Programa #OlympeEmprende, unha iniciativa de apoio ao emprendemento en feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través da formación con perspectiva de xénero, o acompañamento individual e colectivo e a conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.
#OlympeEmprende apoiará o emprendemento cooperativo liderado por mulleres
A terceira edición do Programa #OlympeEmprende acepta solicitudes ata o 27 de novembro.
A terceira edición do Programa #OlympeEmprende acepta solicitudes ata o 27 de novembro.

O Programa #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras galegas lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade.

#OlympeEmprende ofrecerá a un máximo de 15 mulleres formación, acompañamento individual e colectivo, webinars, tours de emprendemento, sesións de intercooperación. Asemade, as participantes poderán optar a un premio económico de 3.000 euros ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. 

O programa realizarase de xaneiro a xuño de 2023, e valorará que as iniciativas teñan entre os seu obxectivos a consecución dun impacto social (como por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas colectivas que se atopen nunha fase inicial, de feito poden ser ideas de negocio que non se iniciasen e que se atopen nunha fase de desenvolvemento  mínima, sen necesidade de que se definise ningún modelo de negocio. 

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e é gratuito para as participantes. O período de presentación de candidaturas remata o vindeiro 27 de novembro.

Formación e acompañamento

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, marketing e comercialización ou fontes de financiación alternativas. E ao mesmo tempo levarase a cabo un acompañamento individual e colectivo de xeito virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

#OlympeEmprende apoiará o emprendemento cooperativo liderado por mulleres