Veñen de asinar os contratos coa Deputación de Pontevedra

Tres novas empresas instálanse no viveiro do polígono de Barro-Meis

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este luns os contratos de ocupación de tres novos espazos no viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis por parte de Loxística do Transporte, Papel en blanco eventos e Inpekdrone.

Tres novas empresas instálanse no viveiro do polígono de Barro-Meis
Carmela Silva asinou cos representantes de Loxísticas de Transporte, Papel en blanco eventos e Inpekdrone os contratos de ocupación de espazos no viveiro de Barro-Meis.
Carmela Silva asinou cos representantes de Loxística do Transporte, Papel en blanco eventos e Inpekdrone os contratos de ocupación de espazos no viveiro de Barro-Meis.

En concreto, asináronse os contratos da empresa Loxística do Transporte, dedicada ao transporte e distribución de mercadorías perecedoiras por estrada, que vai ocupar unha nova nave, pois na actualidade, tal e como destacou Carmela Silva, xa dispón doutra no viveiro pero a súa demanda de máis espazo “é un síntoma de que a empresa vai ben e é unha boa noticia que as empresas do viveiro vaian ben porque é crecemento económico e emprego para a provincia”. Papel en blanco eventos é unha empresa adicada a servizos de asesoramento e organización de eventos para empresas e particulares, e vai ocupar unha oficina. E a terceira é  Inpekdrone, dedicada a servizos técnicos de enxeñaría, asesoramento e monitorización de cultivos mediante drons, que vai ocupar outra oficina. Sobre esta última, Silva, sinalou que se trataba dunha iniciativa pioneira en Galicia coa utilización das novas tecnoloxías na mellora dos cultivos, sobre todo, no caso do viñedos “polo que síntome encantada de que a intelixencia tamén teña asento nas instalacións do viveiro de Barro”.   

Tra esta sinatura, a presidenta da Deputación pontevedresa subliñou que en poucos meses “poderemos falar dunha ocupación do cen por cen das naves dispoñibles” no viveiro o que demostra o seu acerto e boa localización. En concreto, Carmela Silva agarda que se complete a ocupación en breve, “seguramente entre xullo ou setembro”, aínda que quixo ser prudente coas datas que acompañan os procesos administrativos, pero as peticións xa están feitas. Ademais anunciou a celebración dun evento para poñer en valor a todos os homes e mulleres que instalaron as súas empresas en Barro “porque en tempos difíciles arriscan. Porque de tempos de crise fixeron unha oportunidade e estas persoas son as que necesitamos na sociedade polo que quero desexarlles todos os éxitos”.

Pola súa banda, Jorge Fontán de Loxística do Transporte, subliñou as boas instalacións do viveiro e a súa ubicación o que lle fai pedir unha ampliación a outra nave “polo que son un exemplo do bo acerto do viveiro”. Isabel García de  Papel en blanco eventos, tamén agradeceu as facilidades para instalarse no viveiro “porque é un esforzo o emprendedor e a iniciativa da Deputación é unha axuda inestimable”. Por último, Alejandro Rodriguez de Inpekdrone, destacou que grazas ao viveiro de Barro “podemos montar esta empresas. E unha gran axuda”.

Tres novas empresas instálanse no viveiro do polígono de Barro-Meis