Prazo aberto ata o 8 de setembro

O III Concurso Innovatia 8.3 distinguirá proxectos empresariais innovadores liderados por mulleres

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades veñen de convocar o III Concurso Innovatia 8.3 dirixido a distinguir a empresas sobre proxectos innovadores liderados por mulleres e creados co apoio das universidades.
O III Concurso Innovatia 8.3 distinguirá proxectos empresariais innovadores liderados por mulleres
III Concurso Innovatia 8.3.
III Concurso Innovatia 8.3.

Poderán participar en III Concurso Innovatia 8.3 aquelas mulleres que creasen empresas con presenza feminina maioritaria no seu consello de dirección ou consello de administración e que fosen creadas co apoio dalgunha das universidades españolas ou dos Organismos Públicos de Emprego (OPIs). O concurso tamén ten por obxecto promover a igualdade de oportunidades entre persoas de ambos os dous xéneros no ámbito universitario e tecnolóxico.

As empresas candidatas optarán a dous galardóns. Por unha banda, o premio ao proxecto empresarial de base tecnolóxica dotado con 10.000 euros; e pola outra, o premio a proxecto empresarial startup dotado con 7.000 euros. En ambos os dous casos, a antigüidade do proxecto empresarial non pode superar os cinco anos. Cada proxecto empresarial participante poderá recibir como máximo un premio.

Criterios de valoración

O comité avaliador terá en conta a viabilidade económica e financeira do proxecto; o grao de innovación do produto, proceso ou servizo; o volume de emprego creado ou proxectado; o carácter multidisciplinar do equipo promotor formado por mulleres e homes; así como ter en consideración políticas de igualdade, na actividade da empresa.

O prazo de presentación de candidaturas manterase aberto ata o 8 de setembro. As solicitudes poden presentarse a través dun formulario en liña na web do proxecto Innovatia 8.3.

O III Concurso Innovatia 8.3 distinguirá proxectos empresariais innovadores liderados por mulleres