Forma parte do servizo de emprendemento cooperativo da entidade

EspazoCoop ofrece unha aplicación online para crear e consolidar cooperativas

O Servizo de Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop conta cunha aplicación para crear e consolidar cooperativas, denominada Consolida_es, no que xa hai rexistradas máis de cen usuarios.
EspazoCoop ofrece unha aplicación online para crear e consolidar cooperativas
Consolida_es é unha ferramenta do servizo de de Espazo Coop.
Consolida_es é unha ferramenta online do servizo de Emprendemento Cooperativo de Espazo Coop.
O servizo -especializado e gratuíto- de orientación e acompañamento na creación de cooperativas da Unión de Coopertivas Galegas EspazoCoop conta cun recurso online de axuda a grupos de emprendemento, aínda que tamén serve a cooperativas activas que precisan mellorar e afianzarse. O recurso, denominado Consolida_es, contribúe a madurar e deseñar o proxecto empresarial, de cara a analizar e garantir a súa viabilidade económica e societaria, antes da súa posta en funcionamento. Está enfocado para proxectos que vaian a constituírse coa fórmula xurídica de cooperativa, ou doutros modelos do sector da economía social.

Unha das virtudes desta ferramenta é a súa adaptación a modelos de empresa cooperativos, contempla o seu especial marco de funcionamento empresarial, como organizacións democráticas, participativas e autoxestionadas que son nas que as persoas teñen un papel central, no que asumen funcións e roles como socias. Consolida_es ten en conta e respeta os principios cooperativos.

Consolida_es actualmente conta con máis de 100 usuarias rexistradas na plataforma web, as cales teñen empregado esta ferramenta para elaborar o plan de empresa ou o plan de mellora. A maior parte son cooperativas, unhas necesitan estudar como mellorar e reforzarse como empresa, e outras están en fase pre-cooperativa, analizan de forma autónoma a viabilidade do seu proxecto de autoemprego cooperativo.

A aplicación ademais, facilita a preparación de documentos técnicos e información que solicitan as administracións públicas para acceder a axudas e subvencións destinadas a empresas ou ao emprendemento cooperativo.

Consolida_es conta con tres tipos de aplicacións web para dar solucións nas fases de maduración, creación e consolidación. Dunha banda, o plan de empresa e modelo Canvas, que permite ter unha visión estratéxica dos aspectos máis importantes do modelo de negocio; doutra, o plan de mellora, que permite unha revisión, redefinición e optimización de procesos, axuda a mellorar o negocio; e en terceiro lugar, un apartado para a responsabilidade social, que permite facer unha diagnose sobre a incidencia da cooperativa no entorno e nas persoas, previamente á implantación da RSE. 

O Servizo de Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop presta a súa orientación en todo o ámbito galego, e conta con sede física en Vigo, Coruña e Santiago de Compostela. É un referente no acompañamento de proxectos cooperativos, dende a información inicial ata o plan de viabilidade, pasando por liñas de financiamento, trámites de constitución, formación e axudas. En 2020 atendeu 95 proxectos e constituíronse 22 empresas cooperativas, que supuxeron a creación de 55 empregos cooperativos.

Creación de cooperativas en tempos de crise

Nos momentos de crise, como o actual polos efectos da covid-19, o cooperativismo e a economía social crecen, e os servizos de apoio para constituír novas cooperativas facilitan esta evolución. O último "Informe sobre a Economía Social Galega" recolle a creación de 109 cooperativas. Constátase o protagonismo da cidade de Vigo e a súa comarca no que se refire á creación de sociedades cooperativas, con algo máis do 42 % das novas sociedades creadas en 2019. Así como das provincias de Pontevedra e A Coruña. Segundo datos do Rexistro Galego de Cooperativas hai 1.390 cooperativas activas en Galicia.

Comentarios
EspazoCoop ofrece unha aplicación online para crear e consolidar cooperativas