I Foro Investimento Proxectos Coworking Igape_EOI

Sete emprendedores dos espazos coworking buscan apoios para as súas ideas de negocio

A Cidade da Cultura de Santiago acolle este venres o I Foro Investimento Proxectos Coworking Igape_EOI, no que os emprendedores dos espazos coworking de Ferrol, Monforte, Mondoñedo e Compostela presentaron as súas ideas de negocio aos investidores.

Sete emprendedores dos espazos coworking buscan apoios para as súas ideas de negocio
I Foro Investimento Proxectos Coworking Igape_EOI que se celebrou na Cidade da Cultura.
I Foro Investimento Proxectos Coworking Igape_EOI que se celebrou na Cidade da Cultura.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presente neste evento, asegurou que o foro pretende acompañar os proxectos desenvolvidos nos espazos coworking dando un paso máis: desde o plan de negocio desenvolvido ata a captación de investimento por parte dos inversores presentes “para poñer en marcha os seus proxectos e levalos a mercado”.

Foron un total de sete participantes nos espazos coworking os que presentaron aos inversores as súas ideas de negocio co fin de captar apoios para facelas realidade. En concreto, participaron as iniciativas de Ferrol Stardrones, servizos tecnolóxicos por radiocontrol con drons; de Mondoñedo Sociedad Cooperativa Galega Terras da Mariña, de envasado e comercialización da IXP Faba de Lourenzá; e Alazia Couture, deseño, fabricación e comercialización de pezas de moda con tecido ecolóxico; de Santiago Work on Sunday, axencia especializada en xestión cultural; e  Galiwonders, axencia de turismo online; e de Monforte de Lemos Casa da Fonte, de venda de produtos agropecuarios ecolóxicos; e Vitaser, servizos integrais de asistencia diurna para dependentes.

Amáis, os asistentes ao foro tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as experiencias en captación de financiamento dos emprendedores das iniciativas Monet -unha plataforma web para controlar o estado dos viñedos, apoiada por Vía Vigo- e Eccocar -unha plataforma de alugamento por horas de vehículos entre particulares, apoiados por Business Factory Auto-.

Balance dos espazos coworking

Tal e como sinalou o conselleiro, o balance desta primeria edición dos espazos coworking, celebrados coa colaboración da Escuela de Organización Industrial (EOI) para a aceleración de proxectos emprendedores é positivo, xa que permitiu que un total de 139 emprendedores puideran recibir asesoramento personalizado, titorías, formación e acceso aos medios necesarios para desenvolver a súa idea de negocio. En total, xurdiron 119 proxectos nos sete espazos da comunidade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten previsto realizar un total de catro edicións ata 2018.

Sete emprendedores dos espazos coworking buscan apoios para as súas ideas de negocio