Están ocupados o 70% do seus espazos

A Deputación de Pontevedra selecciona catro novas empresas para o viveiro de Barro-Meis

A Comisión de Selección para a adxudicación de espazos nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación de Pontevedra acordou propor a incorporación de catro novas empresas no viveiro de Barro-Meis, propiedade da institución provincial.

A Deputación de Pontevedra selecciona catro novas empresas para o viveiro de Barro-Meis

Na orde do día da xuntanza da Comisión de Selección incluíase o estudo e avaliación das solicitudes presentadas para a cesión de uso de espazos no viveiro de empresas de Barro-Meis, que unha vez sexan aprobadas e se proceda á cesión de espazos, pasarán a ocupar un total de dúas naves e dúas oficinas.

Deste xeito, a Comisión de Selección valorou os seguintes proxectos: en primeiro lugar, unha empresa de transporte e distribución por estrada de mercadoría perecedoira (Jorge Fontán Carballo), en segundo lugar unha empresa dedicada á prestación de servizos técnicos de enxeñaría e de asesoramento e monitorización de cultivos mediante RPAs xeorreferenciadas (Alejandro Ramón Rodríguez Plesky), en terceiro lugar unha empresas dedicada á elaboración de semiconservas artesás mediante procesos de salgado e afumado (Antonio González Barreiro) e, por último, unha empresa dedicada aos servizos de asesoramento e organización de eventos para empresas e particulares (Ana Isabel García Navarro).

Ademais, a Comisión de Selección tamén aprobou as propostas de prórroga da cesión de uso de espazos dos viveiros de cinco proxectos, catro instalados no viveiro de Barro-Meis e outro máis no de Lalín, durante un ano. Trátase dos proxectos adxudicados a Coperfruit, S.L., Jorge Fontán Carballo, Certivedra Rehabilitación, C.B. e Avelino Tourís Fajardo en Barro-Meis e, por último, Stoutic Computing Technologies, S.L. en Lalín.

A Deputación de Pontevedra selecciona catro novas empresas para o viveiro de Barro-Meis