ENMARCADA NO PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DA REDE EUSUMO

A Cámara compostelá fomentará o espírito emprendedor cooperativo entre os estudantes da demarcación

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará nos meses de marzo, abril e maio dezaséis xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo para estudantes de centros escolares de Santiago, Teo, Ames, A Pobra, Noia e Arzúa. 

A Cámara compostelá fomentará o espírito emprendedor cooperativo entre os estudantes da demarcación

O persoal técnico da Cámarad e Santiago impartirá charlas divulgativas nos colexios e dirixirá visitas guiadas ao viveiro de empresas, situado no número 40 do Polígono de Costa Vella. visitas guiadas ao viveiro de empresas, situado no número 40 do Polígono de Costa Vella.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

O obxecto das charlas é contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendedor desde idades temperás; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademais, as xornadas están destinadas a transmitir valores empresariais e cooperativos vinculados á economía social, e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais.

A Cámara de Comercio de Santiago deseñou estas xornadas cun compoñente didáctico. As sesións son de carácter informativo e divulgativo para estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración no mercado laboral.

O primeiro centro educativo en participar na iniciativa esta ano será o IES Pontepedriña de Santiago. Este mércores, día 21, un técnico cameral trasladarase ao instituto para dar unha charla divulgativa sobre o autoemprego e o cooperativismo para un grupo de 50 alumnos e alumnas do ciclo superior de vendas internacionais e do ciclo medio de actividades comerciais, ás 16:30 horas.

Comentarios
A Cámara compostelá fomentará o espírito emprendedor cooperativo entre os estudantes da demarcación