Becará a estancia no viveiro de empresas de Costa Vella

Cámara de Santiago e Abanca convocan o V Premio “Camiño do emprendemento”

A Cámara de Comercio de Santiago vén de convocar o V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/ 2019”, co patrocinio de Abanca. 

Cámara de Santiago e Abanca convocan o V Premio “Camiño do emprendemento”
Cartel do V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/ 2019”.
Cartel do V Premio “Camiño do Emprendemento 2018/ 2019”.

Este galardón pretende promocionar as iniciativas empresariais e prestar apoio para a posta en marcha, desenvolvemento e consolidación dos proxectos empresariais máis destacados da demarcación cameral de Santiago, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos seus 32 concellos.

O premio consiste en tres bolsas que cubrirán ao 50% os gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano. O galardón está destinado a emprendedores que teñan constituída unha empresa cunha antigüidade non superior a dous anos e para emprendedores que teñan o seu proxecto empresarial en fase de maduración ou se comprometan a facelo nun prazo de seis meses. Non poderán participar proxectos que xa foran obxecto de incubación non viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago por un período superior a tres meses.

Durante os doce meses de estancia na incubadora, os emprendedores recibirán servizos de acompañamento, cosultoría, titorización e mentorización dos seus proxectos empresariais coa finalidade de favorecer o seu arranque, creación e consolidación co propósito de asegurar a súa supervivencia. Ademais, os participantes poderán acceder a liñas de financiamento de Abanca.

As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 8 de febreiro no rexistro da Cámara de Comercio de Santiago ou no viveiro de empresas do Polígono de Costa Vella, así como na web da entidade cameral.  

O xurado terá en conta na súa decisión o nivel de desenvolvemento do proxecto, o seu carácter innovador, o volume de investimento, o grao de proxección nacional e internacional, a posible xeración de postos de traballo e a experiencia previa dos participantes. Os seus membros analizarán cada un dos proxectos presentados e manterán unha entrevista persoal cos candidatos.  O fallo farase público o día 28 de febreiro nun acto na Cámara de Comercio de Santiago.

Cámara de Santiago e Abanca convocan o V Premio “Camiño do emprendemento”