Catro empresas plantexarán catro retos a resolver polos participantes

A Cámara compostelana promove un laboratorio de innovación empresarial

A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve, a última fin de semana de xuño, o seu primeiro laboratorio de innovación empresarial.

A Cámara compostelana promove un laboratorio de innovación empresarial
O Compostela Innovation Lab terá lugar no viveiro de empresas da Cámara de Santiago.
O Compostela Innovation Lab terá lugar no viveiro de empresas da Cámara de Santiago.

Kelea, expertos en innovación e evolución organizativa e a Cámara de Comercio de Santiago cren firmemente no potencial do laboratorio de innovación como mecanismo que permitirá ás empresas da Cámara traballar de maneira creativa sobre os seus retos de negocio.  

Desenvolvéndose integramente no viveiro de empresas da Cámara, durante 3 días, catro empresas tractoras, que forman parte do pleno da Cámara, plantexarán catro retos a resolver polos corenta asistentes co obxectivo de potenciar a innovación no ecosistema da Cámara de Comercio de Santiago.  

Este laboratorio de innovación pretende concienciar a todos os asistentes sobre a necesidade de adoptar fórmulas que lles permitan experimentar de maneira constante.  

Desde a Cámara, impúlsase un modelo de innovación flexible que permite aos socios facer provisión de ferramentas de innovación para conceptualizar novos produtos e servizos, e mesmo novos modelos de negocio que poidan dar impulso ao tecido empresarial da comarca.  

Compostela Innovation Lab é unha iniciativa que permitirá ás empresas da Cámara traballar, de maneira creativa, sobre os seus retos de negocio.  

Un formato baseado na experimentación e a creatividade empregados no talento externo e nas empresas tractoras. O primeiro, formado por emprendedores, estudantes e profesionais doutras empresas e as segundas, cada unha, con 5 persoas multidisciplinares que traballarán de maneira colaborativa co talento externo.  

Esta iniciativa promovida pola Cámara de Comercio vai dirixida a emprendedores, estudantes e profesionais que poden inscribirse na web http://compostelainnovationlab.com/  

Todas as persoas participantes recibirán, ao finalizar a última xornada, unha acreditación conforme participaron nun proceso de creatividade radical baseado en metodoloxías procedentes dos principais polos de innovación.  

A Cámara compostelana promove un laboratorio de innovación empresarial