O banco ofrece tamén condicións financieiras melloradas aos emprendedores

Cámara e Abanca becarán as estancias de tres emprendedores en Costa Vella

O vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, José Carballo, e o director de negocio institucional en Galicia, Asturias e León de Abanca, Lino Comesaña, asinaron un convenio coa finalidade de premiar a tres emprendedores que serán beneficiarios de bolsas para a estancia no viveiro de empresas do Polígono de Costa Vella.
Cámara e Abanca becarán as estancias de tres emprendedores en Costa Vella
Viveiro de empresas da Cámara de Santiago no polígono de Costa Vella.
Viveiro de empresas da Cámara de Santiago no polígono de Costa Vella.

Esta iniciativa, que Cámara de Compostela e Abanca levan desenvolvendo xa nos últimos anos, permite aos participantes recibir tamén unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o plan de empresa, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.

Con este convenio afiánzase o compromiso de ambas entidades co emprendemento e renovase o apoio ao tecido produtivo da demarcación da Cámara de Comercio de Santiago.

Ademais Abanca oferta condicións financeiras melloradas para todos aqueles emprendedores que se atopen no viveiro de empresas da Cámara de Comercio Santiago. O plan de apoio da entidade serve para amosar o seu forte compromiso co tecido produtivo de Santiago e da súa área de influencia e dispón dunha ampla oferta de solucións de crédito e de servizos á medida das necesidades do colectivo. Todo iso sen esquecer a experiencia acumulada da entidade financeira e o seu coñecemento da realidade empresarial compostelá, claves para axudas aos emprendedores a transformar os seus proxectos en realidades consolidadas.

Comentarios
Cámara e Abanca becarán as estancias de tres emprendedores en Costa Vella