A súa directiva, recibida polo presidente da Deputación de Ourense

A Asociación Empresarial de Valdeorras avalía coa Deputación un proxecto piloto sobre emprendemento e inserción laboral

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de recibir á vicepresidenta e xerente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), María del Carmen Rodríguez e Luisa López, respectivamente, con quen analizou un proxecto piloto sobre emprendemento e inserción laboral, “AevaempregaTE".

A Asociación Empresarial de Valdeorras avalía coa Deputación un proxecto piloto sobre emprendemento e inserción laboral
Luisa López, Mª del Carmen Rodríguez e Manuel Baltar, na xuntanza no Pazo Provincial.
Luisa López, Mª del Carmen Rodríguez e Manuel Baltar, na xuntanza no Pazo Provincial.

"AevaempregaTE" ten por obxectivo mellorar as posibilidades laborais das persoas desempregadas na procura de novos xacementos de emprego na comarca de Valdeorras.

Asemade, no encontro, Manuel Baltar coñeceu as “liñas mestras”  da Asociación de Empresarios de Valdeorras e informou de que para o ano 2018, o Goberno provincial destinará “unha axuda de 40.000 euros para contribuír cos gastos de funcionamento de AEVA, que agrupa a 308 empresas de sectores punteiros da economía provincial e, tamén, para un programa de inserción laboral e emprendemento”.

AEVA é unha organización empresarial sen ánimo de lucro constituída no ano 1990, e o seu ámbito territorial abrangue a toda a comarca de Valdeorras. Os obxectivos desta entidade son a representación, xestión e defensa dos intereses dos empresarios asociados, a promoción do desenvolvemento socio-económico da comarca, e o fomento do autoemprego e da economía social. A asociación conta con 308 socios, empresas dos sectores produtivos implantados na comarca: comercio e servizos, construción e obras públicas, metal, madeiras, vitivinícola e agrario, transportes, hostalería, profesionais e grandes empresas.

A Asociación Empresarial de Valdeorras avalía coa Deputación un proxecto piloto sobre emprendemento e inserción laboral