Bono de 7.000 euros para apoiar a contratación de menores de 30 anos

A Xunta amplía o programa Emprega Xuventude a todos os sectores de actividade

A Xunta dá continuidade este ano ao programa Emprega Xuventude e amplíao a todos os sectores de actividade.

A Xunta amplía o programa Emprega Xuventude a todos os sectores de actividade
	Concédese ás empresas un bono formación de 2000 euros para que poidan cualificar á carta aos traballadores e outro de 5000 euros para incentivar a contratación.
Concédese ás empresas un bono formación de 2.000 euros para que poidan cualificar á carta aos traballadores e outro de 5000 euros para incentivar a contratación.

Emprega Xuventude é unha experiencia piloto que a Consellería de Economía, Emprego e Industria puxo en marcha o pasado ano para mellorar a situación profesional da mocidade galega, con especial atención aos que carecen de experiencia laboral. A través dun bono de 7.000 euros, esta iniciativa financia nas empresas a formación á carta dos traballadores e incentiva a súa contratación. Este ano, como novidade, amplíase o programa a todos os sectores de actividade (en 2017 limitouse ás empresas da Industria 4.0 e a agroalimentación) para contratar 300 menores de 30 anos. Para iso, a Consellería investirá preto de 1,9 millóns de euros.

O bono formación de 2.000 euros concédese ás empresas para que poidan impartir cualificación á carta e axustada ás súas necesidades, é dicir, a formación céntrase nas características do posto para o que é contratado o mozo ou moza. Nesta edición, como novidade, este bono será opcional. Ademais, para incentivar a contratación, outórgase, tamén ás compañías, un bono de 5.000 euros para apoiar a contratación ao longo dun ano como mínimo.

Outra das novidades deste ano, ademais da ampliación a todos os sectores de actividade e do carácter opcional do bono formación, é que se elimina o número mínimo de traballadores a contratar por parte das empresas para que poidan ser beneficiarias das axudas.

O obxectivo de Emprega Xuventude é  axudando ao tecido empresarial galego a gañar en competitividade ao dispoñer de persoas traballadoras axustadas as súas necesidades e contribuíndo a fixar poboación xuvenil nas vilas e cidades galegas. O que se pretende, en definitiva, é satisfacer a necesidade das empresas galegas de contar con traballadores cuns perfís axeitados aos postos de traballo que demandan e á forma de produción, incluíndo as liñas máis innovadoras e as novas tecnoloxías ao servizo da produción. En xeral, as empresas poderán presentar as solicitudes a este programa ata o 30 de setembro.

A Xunta amplía o programa Emprega Xuventude a todos os sectores de actividade