A Xunta acometerá obras de mellora nas oficinas da Coruña, Cangas e Ponteareas

Verín estreará nova oficina de emprego no primeiro semestre de 2022

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, desprazouse ata o concello ourensán de Verín, onde anunciou que as obras da nova oficina de emprego da localidade, que dará servizo a outros oito concellos - Castrelo do Val, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós- arrancarán este ano.

Verín estreará nova oficina de emprego no primeiro semestre de 2022
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou a oficina de emprego de Verín.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou a oficina de emprego de Verín.

A Xunta inviste na nova oficina de emprego de Verín un total de 595.570 euros, dos que 332.570 corresponden ao acondicionamento do local e o restante á adquisición do mesmo.

A oficina, situada na Avenida de Sousas, ocupará un baixo de 357 metros cadrados, case o dobre das actuais dependencias da Avenida de Castilla. O proxecto global enmárcase na estratexia da Xunta de acometer unha reforma integral do Servizo Público de Emprego de Galicia, desde os espazos físicos ata a implantación dun novo software que optimice as tarefas relacionadas coa xestión do emprego e a formación. Nas actuais instalacións traballan na actualidade sete persoas.

“Non deixamos de traballar pola mellora dos servizos de orientación e as oportunidades de colocación e inserción laboral de todas as galegas e galegos, a través tanto de infraestruturas físicas como de sistemas dixitais”, incidiu a conselleira hoxe en Verín. As oficinas de emprego distribuídas pola Comunidade constitúen un “espazo clave de intercambio da oferta e da demanda, de interconexión entre as administracións públicas e o tecido empresarial do noso mercado de traballo”, remarcou.

Ademais da de Verín, cuxa obra prevese finalizar no primeiro semestre do próximo ano, en 2021 rematarán as actuacións da oficina de Lugo e se acometerán obras na Coruña (oficina de Monelos), Cangas e Ponteareas, con proxectos xa en marcha.

Verín estreará nova oficina de emprego no primeiro semestre de 2022