Comeza en febreiro

As universidades da Eurorrexión ofertan un curso sobre rendibilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial

A Cátedra Internacional de RSC/E da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Fundación CEER e as universidades do Minho, Porto, Santiago de Compostela, Tras-os-Montes e Alto Douro e Vigo propoñen para este 2017 un curso internacional de especialista en Rendibilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial (RSC/E).

As universidades da Eurorrexión ofertan un curso sobre rendibilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial

O curso comezará no mes de febreiro e estenderase ata o mes de xullo e nel participarán especialistas destas materias das cinco universidades participantes, así como directivos de grandes multinacionais e da principais entidades do sector bancario, que exporán como desenvolven estas cuestións nas súas entidades, aos que se unirán tamén representantes políticos dos ámbitos da empresa e a industria de Galicia e Portugal.

Esta iniciativa, de máximo interese ante a entrada en vigor das normativas europeas que obrigan ás empresas a aplicar as metodoloxías, procedementos e procesos de responsabilidade social, tenta dar resposta o crecente interese e a demanda de coñecemento por parte do sector empresarial e diríxese fundamentalmente a empresarias e empresarios e demais profesionais interesados en informarse e especializarse nesta materia.

Con 600 horas de duración e un límite de 25 prazas, o curso abordará a RSC/E dende todos os ámbitos do seu desenvolvemento; a sustentabilidade ambiental das organizacións, a comunicación empresarial e a creación da reputación corporativa, a normativa que deben aplicar as empresas, o deseño e implantación de plans estratéxicos de RS, a xestión operativa da empresa, ética dos negocios, a xestión estratéxica da Responsabilidade Social Corporativa/Empresarial e a Internacionalización da RSC/E.

Co fin de permitir a compatibilización coa xornada laboral, as clases serán semipresenciais, conxugando as clases en liña con sesións presenciais nas universidades organizadoras e que se impartirán nas fins de semana.

As persoas interesadas na realización deste curso poden preinscribirse e solicitar máis información en [email protected]

Comentarios
As universidades da Eurorrexión ofertan un curso sobre rendibilidade empresarial da responsabilidade social corporativa e empresarial