Os sindicatos denuncian que a patronal non ten interese en mellorar o convenio colectivo

O sector da carpintaría de Pontevedra mobilizarase en defensa das condicións laborais

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG anuncian mobilizacións no sector da carpintaría da provincia de Pontevedra a partir do 7 de abril, en defensa das condicións laborais, e non descartan chegar á folga.
O sector da carpintaría de Pontevedra mobilizarase en defensa das condicións laborais
O sector da carpintaría de Pontevedra mobilizarase en defensa das condicións laborais.
O sector da carpintaría de Pontevedra mobilizarase en defensa das condicións laborais.
Tras seis reunións para renovar o convenio do sector da carpintaría da provincia de Pontevedra, os sindicatos denuncian que a patronal non ten interese en mellorar o seu contido e utiliza a covid-19 como desculpa, aínda que os datos revelan un escaso impacto da crise sanitaria neste sector.

Segundo a Federación de Construción e Servizos de CCOO, todo o proceso de negociación estivo "inzado de atrancos" pola actitude "obstrucionista" da parte empresarial, que paralizou as conversas entre outubro de 2020 e febreiro deste ano co pretexto da covid-19, malia que se podía continuar pola vía telemática.

"Retomadas as negociacións en febreiro, as conversas sufriron constantes retrocesos por parte da patronal, que na cuarta reunión presentou unha proposta que empeoraba o que xa estaba falado. Logo dunha pequena rectificación, na última reunión volveu recuar no capítulo das retribucións, ofrecendo un incremento lineal de 120 euros para o ano 2020 -sen consolidar nas táboas salariais- e un 1 % para o 2021 -aplicado sobre as táboas do 2019", expoñen desde este sindicato.

A razón principal da patronal para xustificar esta proposta é a covid-19, unha "pobre desculpa", a xuízo da representación sindical, xa que as empresas do sector da carpintaría "case non sofren os efectos da pandemia". De feito, moi poucas recorreron a ERTE ou ERE e, se o fixeron, foi moi ao comezo da crise sanitaria.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO lembra que a negociación deste convenio xa pasou por diferentes dificultades nos últimos anos, "con debates de fondo e en peores circunstancias", pero sempre se chegou a un acordo.

O sector da carpintaría de Pontevedra mobilizarase en defensa das condicións laborais