As solicitudes de subvencións, ata o 8 de marzo

A Xunta ofrecerá formación a 20.000 ocupados no bienio 2023-2024

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria dirixida a centros e entidades de formación profesional para a impartición de cursos formativos a persoas ocupadas. O plan formativo da Xunta para o período 2023-2024 está dotado con 7,7 millóns de euros, e un obxectivo de ofrecer formación a 20.000 persoas ocupadas.

A Xunta ofrecerá formación a 20.000 ocupados no bienio 2023-2024
El operador R ha puesto en marcha una plataforma de teleformación dirigida a las empresas.
O DOG publica a convocatoria dirixida a centros e entidades de formación profesional para a impartición de cursos formativos.

O obxectivo do plan formativo da Xunta de Galicia é dar resposta ás demandas de cualificación do mercado de traballo para outorgar maiores oportunidades á poboación traballadora. A nova convocatoria reformula algúns criterios para incentivar especialidades formativas con maior demanda, a diversificación territorial do alumnado e a variedade dos cursos. Bríndase ademais a opción de que o alumnado simultanee dúas formacións.  

O plan formativo estará dirixido prioritariamente a persoas ocupadas, situación laboral que se determinará no comezo da formación. Cando unha alumna o alumno pase a situación de desemprego durante os cursos, poderá seguir a participar no mesmo.

Poderán beneficiarse das accións persoas traballadoras ou socias das empresas da economía social que acheguen actividade económica, tamén autónomas e autónomos e mesmo persoal afectado por medidas temporais de suspensión de contrato (como ERTEs), ou dun expediente de regulación de emprego (ERE), motivadas por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior.

A Xunta fai unha reserva para que tamén poidan participar nas referidas accións persoas traballadoras desempregadas, até un límite do 30% do número de participantes.

A efectos da nova convocatoria, a Administración autonómica considerará como colectivos prioritarios: mulleres, vítimas de violencia de xénero, traballadoras ou traballadores menores de 30 anos ou maiores de 45, persoas traballadoras a tempo parcial, emigrantes retornados e persoas inmersas en ERTE. Como en anteriores edicións, manterase o apoio ás actividades formativas co 100% do alumnado con discapacidade.

No caso de se desenvolver soamente en 2023, as accións formativas deberán rematar como data límite o 20 de decembro dese ano. Para as que abrangan dúas anualidades (2023 e 2024) ou se impartan só en 2024, finalizarán antes do 30 de setembro de 2024.

Centros e entidades de formación profesional poden solicitar as subvencións para impartir os cursos formativos, xa sexa en modalidade presencial, de teleformación ou mixta, ata o próximo 8 de marzo.

A Xunta ofrecerá formación a 20.000 ocupados no bienio 2023-2024