TRAS 22 XORNADAS

O persoal das auxiliares de Navantia suspende temporalmente a folga

O persoal das auxiliares de Navantia acordou este xoves a suspensión temporal da folga nunha votación que se saldou cunha diferenza de apenas 200 votos. 

O persoal das auxiliares de Navantia suspende temporalmente a folga

A votación celebrada este xoves arroxou un balance de 681 votos a favor de suspender de maneira temporal a folga e iniciar un proceso de negociación, mentres que 484 traballadores apostaron por manter o paro indefinido.

O secretario comarcal da Federación, Vicente Vidal, valorou moi positivamente o exemplo dado polos traballadores das contratas ao longo das 22 xornadas de folga indefinida. “Nin con presións, nin con ameazas, nin con artimañas de todo tipo puideron pasar por enriba do piquete. Estou moi orgullo de todos e todas vós, da forza e a determinación que demostrades para recuperar o que é voso”, afirmou. 

Vidal subliñou que, a pesar da suspensión da folga, a loita non rematou, polo que agora toca “seguir pelexando nas mesas de negociación para evitar que se pacte nada por debaixo dos acordos salariais”. Así, está previsto que desde este venres comecen os contactos coas empresas para abordar a negociación de inmediato. O obxectiivo da CIG-Industria é marcar un calendario de negociacións intensivo. 

Neste senso, Vicente Vidal recalcou que a folga non está desconvocada “senón suspendida de xeito temporal”, polo que, se as conversas se estancan “que non teñan dúbida que levaremos á asemblea a posibilidade de reactivar o paro”.

Comentarios
O persoal das auxiliares de Navantia suspende temporalmente a folga