Asinado por CCOO e UGT

O novo convenio coruñés da construción suporá unha suba salarial media de 700 euros anuais

Os sindicatos CCOO e UGT veñen de asinar coa patronal o convenio provincial da construción da provincia da Coruña, que prevé unha suba salarial do 1,9% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2017.

O novo convenio coruñés da construción suporá unha suba salarial media de 700 euros anuais
La ocupación disminuyó en la construcción.
Asinado o convenio do sector da construción da provincia da Coruña.

O convenio provincial da construción da Coruña terá vixencia no período 2017-2021. A xuízo dun dos sindicatos asinantes, CCOO, do acordo destaca que xa se fixou unha data en xaneiro para a regularización dos salarios do ano 2018, incrementándose nun 2% sobre as táboas de 2017. Deste xeito, o mes próximo o sector coruñés da construción verá incrementado un 3,9% os salarios sobre a nómina de decembro, o que implicará unha suba media de 700 euros anuais.

Amáis da suba salarial, reduciuse en dúas horas horas a xornada máxima anual e regúlase a subrogación do persoal en diferentes ámbitos: contratas de mantemento de estradas, vías férreas, redes de auga, concesións municipais para o mantemento e conservación de beirarrúas, pavimentos, vías públicas e rede de sumidoiros.

Tamén melloran as licenzas retribuídas, a cobertura en situacións de incapacidade temporal e increméntanse as indemnizacións: en caso de morte por enfermidade común a dúas mensualidades (un 100 %); a morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivadas de accidente de traballo a 60.000 euros (un 28 % de incremento); a incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo, 400.000 euros (un 40 % de incremento).

Valoración positiva

Para CCOO, este convenio é « unha mostra máis» da importancia da negociación colectiva e do necesarios que son os acordos sectoriais, que permiten «superar os recortes de dereitos que a clase traballadora leva padecendo desde a reforma laboral». O sindicato criticou á CIG por negarse a asinar o convenio "por razóns políticas" 

O novo convenio coruñés da construción suporá unha suba salarial media de 700 euros anuais