As probas realizaranse simultaneamente en Vigo, Lugo e Silleda

Máis de 6.200 aspirantes examinaranse o 12 de xuño para o acceso ao grupo C1 da Xunta

Un total de 6.203 aspirantes están chamados a participar o día 12 de xuño nas oposicións para acceder a 97 prazas do corpo administrativo C1 da Xunta de Galicia.

Máis de 6.200 aspirantes examinaranse o 12 de xuño para o acceso ao grupo C1 da Xunta
Un proceso selectivo de la Administración gallega.
Un proceso selectivo da Administración galega no que xa se aplicou o protocolo sanitario por mor da covid-19.

A Xunta de Galicia vén de anunciar a data do exame logo de que as autoridades sanitarias autorizaran a súa celebración seguindo protocolos que garanten a súa realización con todas as garantías sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

A pandemia do coronavirus e as restricións establecidas para controlar a súa evolución obriga a adaptar as formas e secuencias de celebración das probas para garantir a súa realización coa maior seguridade posible. Neste marco, o exame para o grupo C1 do Corpo Administrativo/Grupo III realizarase o 12 de xuño pola mañá e simultaneamente en tres sedes distintas: o recinto da Feira internacional de Silleda, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).

Segundo exercicio

Ademais, ese mesmo día pola tarde celebrarase o segundo exercicio para o grupo A1 do Corpo Superior/Titulado Superior; e a continuación, o domingo 13 de xuño pola mañá terá lugar a segunda proba do grupo A2 do Corpo de Xestión. Ambos grupos tiveron o primeiro exame no mes de marzo. Este segundo exercicio realizarase en Silleda.

Todas as probas se realizarán conforme ao protocolo elaborado pola Xunta de Galicia e avalado polas autoridades sanitarias.

Comentarios
Máis de 6.200 aspirantes examinaranse o 12 de xuño para o acceso ao grupo C1 da Xunta