O 14 de xuño, en Cangas

O GALP Ría de Vigo - A Guarda informa das oportunidades laborais no sector pesqueiro

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda e o Concello de Cangas organizan unha xornada informativa e de orientación sobre o sector do mar o vindeiro 14 de xuño.
O GALP Ría de Vigo - A Guarda informa das oportunidades laborais no sector pesqueiro
Xornada informativa e de orientación sobre o sector do mar.
Xornada informativa e de orientación sobre o sector do mar.

A sesión, dunha duración entre 1 hora e 30 minutos e dúas horas na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho de Cangas, está dirixida a persoas desempregadas maiores de 18 anos que estean empadroadas nos concellos da área do GALP Ría de Vigo-A Guarda (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) e teñan interese en descubrir todo o potencial que ten o noso mar para crear emprego.

No encontro daranse a coñecer as oportunidades laborais que ofrece o sector, os diversos oficios que abrangue (pesca, marisqueo, acuicultura), as titulacións e centros de formación que resultan de interese, así como aqueles recursos para a busca activa de emprego. Esta xornada será a primeira dun ciclo informativo que ten como obxectivo darlle visibilidade a todas as saídas profesionais que xera o mar.

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente, nos teléfonos 986 358 109 e 646 873 106, no correo electrónico [email protected] ou informándose no Concello de Cangas.

O GALP Ría de Vigo - A Guarda informa das oportunidades laborais no sector pesqueiro