"DEPOFROITO", UNHA ACCIÓN FORMATIVA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Emprendedores do Rosal coñecerán as oportunidades de negocio do sector dos froitos do bosque

Impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos e de calidade e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade son os obxectivos principais de ‘DepoFroito’, acción formativa da Deputación de Pontevedra que chega ao Rosal no mes de marzo.
Emprendedores do Rosal coñecerán as oportunidades de negocio do sector dos froitos do bosque
Os interesados en inscribirse en DepoFroitos poden facelo na Axencia de emprego do Concello do Rosal, no 986 625 000 ou en depofroitos@depo.es.
Os interesados en inscribirse en DepoFroitos poden facelo na Axencia de emprego do Concello do Rosal, no 986 625 000 ou en [email protected]

O curso gratuito, destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego, contará con 20 horas de formación en liña relacionadas con accións de innovación social sobre o emprendemento ou a internacionalización neste sector. Asemade, haberá un taller informativo que terá lugar o 11 de marzo no centro de formación ocupacional da Mata, no Rosal, en horario aínda por determinar.

As persoas participantes coñecerán as oportunidades de negocio que ofrece o sector dos froitos do bosque e afondarán en aspectos como a tramitación de axudas e subvencións ou a elaboración de plans de viabilidade técnica, económica e financeira, entre outros. Todo a través de dúas innovadoras ferramentas en liña: un simulador de negocio sobre o cultivo e a comercialización de froitos do bosque e unha aplicación para facilitar a internacionalización das vendas cunha serie de recomendacións de actuación. Ademais, cada persoa participante contará cun servizo de asesoría e consultaría en liña gratuíto coa que sexa máis doado xestionar a creación e mantemento de empresas relacionadas co cultivo, elaboración e transformación de froitos do bosque.

Con iniciativas como ‘DepoFroitos’ búscase “formar aos rosaleiros e rosaleiras e fomentar as ideas de negocio que sirvan para promover o desenvolvemento sustentable da nosa contorna e crear emprego de calidade. Temos que ofrecer solucións creativas e innovadoras aos retos que temos diante, como pode ser a xeración de postos de traballo con medidas sustentables e respectuosas co medio ambiente dando valor engadido aos produtos cultivados no municipio”, salientou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Comentarios
Emprendedores do Rosal coñecerán as oportunidades de negocio do sector dos froitos do bosque