FORMARÁ CEN DESEMPREGADOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

Deu inicio o programa integrado CEC: Activa Emprego

A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), comezou as accións formativas do Programa Integrado de Emprego de Galicia. CEC: Activa Emprego. 

Deu inicio o programa integrado CEC: Activa Emprego
Participantes de CEC: Activa Emprego nunha sesión formativa.
Participantes de CEC: Activa Emprego nunha sesión formativa.

CEC: Activa Emprego busca mellorar a empleabilidade e a inserción laboral de cen persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos previamente identificados como prioritarios: diversidade funcional, risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, maiores de 45 anos e perceptores de prestacións.

O programa formativo conta con cinco sesións individuais de orientación, obradoiros prelaborais (entrevista de traballo, mobilidadex eográfica, coaching e intelixencia emocional, curriculum e carta de presentación, habilidades sociolaborais e procura de emprego a través da rede), cursos para a recualificación (manexo de redes sociais, recepcionista, manipulador/a de alimentos, xestor/a de almacén, carretillas elevadoras, manexo de aplicacións informáticas e inglés) e de formación certificable (técnicas administrativas básicas de oficina e de rexistros contables), así como prácticas non laboráis en empresas.

O obxectivo é acadar a inserción laboral do 45% do total dos participantes no programa. Para iso, as empresas que desexen contratar persoal poden poñerse en contacto coa Confederación de Empresarios da Coruña.

O programa CEC:Activo Emprego conta con cofinanciamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Comentarios
Deu inicio o programa integrado CEC: Activa Emprego