SON CATRO ITINERARIOS EN BARRO E VIGO

A Deputación de Pontevedra retoma os cursos presenciais do Labora 2020

A Deputación de Pontevedra retoma a partir do 6 de xullo os cursos presenciais do programa Labora 2020 que foron suspendidos debido á crise sanitaria da covid-19.
A Deputación de Pontevedra retoma os cursos presenciais do Labora 2020
O programa Labora ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade.
O programa Labora ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade.

A partir do vindeiro luns reiniciaranse en Barro e Vigo catro itinerarios formativos entre os meses de xullo e outubro, nos que estaban a participar ao redor de 70 alumnas e alumnos.

En concreto, o luns 6 de xullo comeza en Barro o curso de Actividades Auxiliares de Almacén, en horario de 9 a 14 horas ata o 1 de setembro. Tamén o día 6, en Vigo comezan dous itinerarios formativos, Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil, de 16 a 21 horas ata o 24 de setembro; e Socorrismo en Instalacións Acuáticas, de 9 a 14 horas ata o 13 de outubro. A finais de xullo, o día 22, en Vigo retómase o curso Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais, en horario de 16 a 21 horas ata o 18 de setembro.

Doutra banda, aínda hai 12 itinerarios con procesos de selección abertos na actualidade, que se impartirán no Porriño, Cangas, Lalín, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Labora 2020, proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está destinado á inserción das persoas máis vulnerables e ten por obxectivo mellorar a formación e a empregabilidade na provincia de Pontevedra. A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que pertenzan a colectivos vulnerables.

Comentarios
A Deputación de Pontevedra retoma os cursos presenciais do Labora 2020