Entrega de diplomas aos participantes

O DepoEmprega 2016 supera a inserción laboral prevista

A Deputación de Pontevedra vén de entregar os diplomas aos participantes no programa de emprego Depoemprega 2016, destinado a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego, mulleres desempregadas vítimas de violencia machista e desempregados menores de 30 anos.

O DepoEmprega 2016 supera a inserción laboral prevista
A diputada Montse Magallanes entregou os diplomas do DepoEmprega 2016.
A diputada Montse Magallanes entregou os diplomas do DepoEmprega 2016.

No acto de entrega de diplomas, a deputada de Emprego, Montse Magallanes aproveitou para felicitar aos participantes e sinalou que “na Deputación de Pontevedra somos conscientes de que non estamos a pasar por unha boa situación e por iso para o noso goberno, na medida que nos permiten as nosas competencias, é unha obriga traballar para aumentar as oportunidades de inserción laboral e mellorar a calidade de emprego. Estamos orgullosos de proxectos como o DepoEmprega 2016".

DepoEmprega 2016 é un programa integrado de emprego que desenvolve ata o mes de agosto a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Xunta de Galicia. Esta iniciativa, cunha duración de 12 meses, está dirixida á mellora da ocupación e a inserción laborais das persoas traballadoras en situación de desemprego nos concellos de Bueu, Cangas do Morrazo, Poio, Vigo e Pontevedra.

En concreto, o DepoEmprega inclúe unha oferta de formación para acadar certificados de profesionalidade, de prácticas en empresas e de busca de postos de traballo para aquelas persoas que xa teñen estudos e experiencia laboral e conta, ademais, cun apartado de autoemprego. Durante estes meses, os participantes realizaron prácticas profesionais en xardinería, atención sociosanitaria en institucións sociais, limpeza e lavandería, educación infantil e cociña. Amais, en canto a labor formativa, impartíronse cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, manexo de carretillas elevadoras, manipulación e hixiene alimentaria, control de alérxenos; informática básica, e aplicador manipulador de produtos fitosanitarios.

Durante o tempo de execución do programa traballaron un total de 38 persoas, das 60 participantes. Ademais, hai sete que teñen previsión de poder prolongar o contrato e ser contratadas durante tres meses ou máis. Uns índices de inserción laboral superiores aos establecidos no inicio de DepoEmprega, que eran garantir a inserción laboral a 26 persoas.

O DepoEmprega 2016 supera a inserción laboral prevista