APLÍCASE A UNS 15.000 EMPREGADOS

O convenio do sector do comercio vario da Coruña prevé un incremento salarial para 2019 do 2%

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia asinou o convenio colectivo do sector do comercio vario da provincia da Coruña, que afecta a máis de 15.000 traballadores

O convenio do sector do comercio vario da Coruña prevé un incremento salarial para 2019 do 2%
O convenio aplicarase a máis de 15.000 traballadores da provincia da Coruña.
O convenio aplicarase a máis de 15.000 traballadores da provincia da Coruña.

Dentro do ámbito do comercio vario forman parte o comercio téxtil, pel, material de construción, pinturas e vernices, material eléctrico e electrónico, ópticas, reloxaría, xoiaría, automóvil, ferretarías ou cadeas multiprezos. A vixencia do novo convenio será para os anos 2016-2019, con cláusula de ultraactividade e prórroga no caso de que ningunha das partes o denuncie.

O incremento sarial farase mediante o IPC do ano anterior, e será do 4% máis o IPC do ano anterior entre o 2016 e 2018, e desde xaneiro dese ano conforme ao IPC real. Inclúese, asemade, o pagamento dos atrasos. Para o 2019, o aumento será do 2%, con revisión conforme ao IPC real. Tamén haberá haberá aumentos en todos os complementos.

O salario base anual para a categoría máis baixa será, no ano 2019, de 14.765 euros, na liña do Acordo de Emprego e Negociación Colectiva asinado por CCOO, polo que se pretende que ningún convenio teña salarios anuais inferiores a 14.000 euros.

Hai tamén numerosas novidades no capítulo social, como a redución de xornada para coidade de menores entre 12 e 14 anos, a excedencia especial de 3 a 6 meses con reserva do posto de traballo ou unha excedencia especial de verán entre o 1 de xuño e o 31 de agosto. Tamén hai avances como a inclusión dun novo artigo referente á elaboración dun protocolo contra o acoso sexual, por razón de sexo e o acoso psicolóxico, ou o desenvolvemento da normativa de prevención de riscos.

CCOO-Servizos salienta que este novo convenio é «moi útil» para evitar a atomización do sector e aglutinar a maioría do persoal do ámbito nun único marco laboral.

Comentarios
O convenio do sector do comercio vario da Coruña prevé un incremento salarial para 2019 do 2%