Xuntanza entre patronal e sindicatos este xoves

O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflicto do sector do metal da Coruña

O Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), a través de AGA, vén de convocar a patronais do metal da provincia da Coruña e sindicatos para unha xuntanza este xoves 29 de xuño para desbloquear o conflito do convenio do metal.

O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflicto do sector do metal da Coruña

Tras dúas xornadas de folga (o xoves 22 e este martes 27) o sindicato UGT-FICA agarda que se poida así "a un acordo equilibrado que permita a mellora das condicións laborais dos máis de 18.000 traballadores do sector" e se lle poña fin a un conflito que "de seguro, ningunha das partes desexa que se manteña no tempo".  Para isto, o sindicato reclama ás patronais que "muden a súa actitude e non poñan máis pedras no camiño".

Segundo valoraba outro sindicato, CIG, a segunda xornada de folga do metal rexistrou "un seguimento aínda maior que o do paro realizado o pasado xoves, e confirma así a vontade dos traballadores e traballadores do sector para pelexar por recuperar os seus dereitos e o poder adquisitivo perdidos nos últimos anos". A central sindical indicaba que o seguimento do paro deste martes "foi practicamente total na grande empresa de maquinaria pesada, taller e reparación onde hai representación sindical, e incluso en moitos polígonos e empresas a actividade dos piquetes foi meramente testemuñal". 

O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflicto do sector do metal da Coruña