A resolución obriga a Servicarne a dar de alta os traballadores no réxime xeral

A CIG informa o persoal de Servicarne sobre o proceso que se inicia tras a resolución da Inspección de Traballo

A FGAMT-CIG vén de celebrar unha asemblea con persoal de Servicarne que traballa nas instalacións de Frigolouro no Porriño para informarlles sobre a resolución da Inspección de Traballo que obriga á falsa cooperativa a dalo de alta no réxime xeral de Seguridade Social.

A CIG informa o persoal de Servicarne sobre o proceso que se inicia tras a resolución da Inspección de Traballo
Asemblea convocada pola CIG con traballadores de Servicarne en Frigolouro./CIG.
Asemblea convocada pola CIG con traballadores de Servicarne en Frigolouro./CIG.

A asamblea tivo lugar tras as celebradas en Ourense e Lugo, provincias nas que tamén hai falsos autónomos de Servicarne traballando para empresas como Coren, Novafrigsa ou Grupo Sada. A CIG explicou aos traballadores que "unha vez que reciban a comunicación da autoridade laboral terán que presentar reclamacións individuais para que lles devolvan as cotas de autónomo/a que pagaron nos últimos catro anos".

Tamén a partir de que reciban a comunicación da Inspección de Traballo iniciarase o proceso mediante o que a empresa deberá dalos de alta no réxime xeral da Seguridade Social, aínda que lles advertiron de que "será un proceso longo porque con toda seguridade presentarán recursos", valora o sindicato.

No caso de Frigolouro, a Inspección de Traballo xa lle comunicou á empresa "que ten que proceder a converter os falsos autónomos que traballan nas súas instalacións -arredor de 260- en persoal propio antes do vindeiro mes de novembro, medida que seguramente se estenderá ao resto de compañías usuarias en breve", sinalan desde a CIG. 

Dende a FGAMT-CIG valoran moi postitivamente a resolución da autoridade laboral xa que entenden que vén a darlle a razón á central cando sostiña que estes traballadores son falsos autónomos que padecen unhas condicións laborais que a central cualifica de “escravitude 2.0” e "que lle fan dumping laboral ao persoal propio das empresas usuarias, precarizando aínda máis as condicións de traballo". 

A CIG informa o persoal de Servicarne sobre o proceso que se inicia tras a resolución da Inspección de Traballo