Fronte á Inspección de Traballo

A CIG convoca unha concentración en Vigo polo "incumprimento" do convenio do naval

A federación de Industria da CIG de Vigo desenvolverá este mércores a mediodía unha concentración de delegados sindicais diante da Inspeccción de Traballo para denunciar a "inacción" da autoridade laboral fronte ao que consideran incumprimento do convenio do naval

A CIG convoca unha concentración en Vigo polo "incumprimento" do convenio do naval

A CIG-Industria indica que o naval, un dos sectores económicos mais importantes da economía galega e prioritario na comarca viguesa, "leva seis anos de parálise na contratación" pola que consideran falta de compromiso político das distintas Administracións "no que atinxe á defensa dos nosos sectores produtivos ante a Unión Europa",así como pola falta dun plan industrial específico para o sector.

Unha situación que se agravou -sinala o sindicato- "pola mala xestión dalgúns estaleiros, que levou á destrución de máis de 100 empresas e 10.000 postos de traballo, entre elas moitas das históricas e coa estrutura necesaria para poder liderar unha futura recuperación do sector". Ademais, a desregulación actual compromete o futuro das poucas que aguantaron, critican desde CIG-Industria.

O sindicato lembra que nos anos anteriores á crise os empregadoss do sector foron quen de converter o seu convenio en referente a nivel estatal, pero que agora, cando se visualiza unha tímida recuperación, "o incumprimento do convenio é maioritario, facéndolle unha competencia desleal ás poucas compañías que entenden a necesidade da regulación para garantir a estabilidade e o futuro do sector".

Por estes motivos, CIG-Industria esíxelle á Xunta de Galicia e á Inspección de Traballo que cumpran coa súa obriga de controlar e facer cumprir as condicións de traballo.

A CIG convoca unha concentración en Vigo polo "incumprimento" do convenio do naval